jueves, 8 de abril de 2010

As mareas tardías

A cidade de Metrópole era un continuo axetreo. Un ecosistema rebosante de vida, unha sensación. Porcos vietnamitas no medio da matanza, modelos obesas, estafadores estafados. Todos estes especímenes autóctonos e endémicos da cidade eran alleos ao pío do mirlo na tranquila maceira dos Cimadevila, que vivían nunha apracible chabola xunto ao río. Comezou primeiro pola mazá máis madura para rematar remexendo entre o lixo.
Díxose de el que era o mellor mago vivo do mundo. Centos de trucos, até podía facer esvaerse o tren máis longo, orixe a miña maxín, destino Moscova. A tolura das miñas palabras reflínctese nos meus xestos, e nas miñas miradas. Non se pode estar peor da testa.
¿Vivir entre pantasmas?
Estás só, e dígocho á cara. E debe ser esa manía que teño de mirar sempre cara atrás, ou que teño necesidades estériles, pensamentos fértiles, como antano a cona da túa nai.
¿Vivir entre pantasmas?
Heite de dicir a verdade; mañán.


A cidade de Metrópole dorme, e dorme porque nunca existiu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...