lunes, 19 de abril de 2010

Alejandra dies

Sorprendinme a min mesmo chorando. Foi un intre de amargor oblicuo, nunha tarde de sol. Evoco aos piar dos paxaros e ao zoar do vento, mais nada pasa. Sorpréndome das cousas tan bonitas que un escribe cando está deprimido. E é que o que nunca che dixen e que cando te peinas así estás máis guapo ca ninguén. E que pese a non existires de teu, os teus mechóns vermellos seguen a ondear a bandeira multicolor.
Foi un intre de auga morna. Ese intre no que diante do espello afagamos as mágoas, melloramos a autoestima e tornamos a ver como foi o primeiro día, ese tempo cheo de recordos e vaguedades.
Foi un intre de vagar. ¿E sabes que? Non aturo esa manía misantropa e nihilista que tes de chorar cos ollos pechados, e semella que non teño aleternativa viáble que agardar, mentres o sangue escorrega polas nosas veas.


Sorprendinme a min mesmo chorando.




Fabián Barreiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...