miércoles, 24 de marzo de 2010

Anorexia

Imos chegando xa á meta. Uns antes ca outros, todos beben rápido o zume, antes de se evaporaren as vitaminas. A e C predominan sobre as demais. Son hidrosolúbeis, polo que non pasa nada se nos execedemos, o noso corpo eliminaráas pola orina. As peores son as liposolúbeis. Esas condenadas non se deixan domar, atorméntame neste cárcere de prexuízos. ¿Se deixo de comer, seguerá este trastorno obsesivo-compulsivo?
Montar a miña propia boutique sería unha fonte de consolo. Un chafarís quen de deseñar un arco da vella sobre de nós. Mágoa que nestas terras a sequía dure 12 meses e 6 horas cada ano. Terreos érmedos e calcáreos son a metáfora do meu ser, a antítese do meu comer. Chámome sociedade e agrádame chamar a atención.

Vamos llegando ya a la meta. Unos antes que otros, todos beben el zumo, antes de que se evaporen las vitaminas. A y C predominan sobre las demás. Son hidrosolubles, por lo que no pasa nada si nos excedemos, nuestro cuerpo las eliminará por la orina. Las peores son las liposolubles. Esas condenadas no se dejan domar, atormentándome en esta cárcel de prejuicios. ¿Si dejo de comer, seguirá este trastorno obsesivo-compulsivo?
Montar mi propia boutique sería una fuente de consuelo. Un chafarís a la altura de diseñar un arcoiris sobre nosotros. Lástima que en estas tierras la sequía dura 12 meses y 6 horas cada año. Terrenos secos y calcáreos son la metáfora de mi ser, y la antítesis de mi comer. Me llamo sociedad, y me encanta llamar la atención.

jueves, 18 de marzo de 2010

Coido que hei de empezar a me romper

Nun cárcere do Uruguay: O cárcere de libertade



Los presos políticos uruguayos no pueden hablar sin permiso,

silbar, sonreír, cantar, caminar rápido, ni saludar a otro preso.

Tampoco pueden dibujar ni recibir dibujos de mujeres

embarazadas, parejas, mariposas, estrellas ni pájaros.

Didoskó Pérez, maestro de escuela, torturado y preso "por

tener ideas ideológicas", recibe un domingo la visita de su hija

Milay, de cinco años. La hija le trae un dibujo de pájaros. Los

censores se lo rompen a la entrada de la cárcel.

Al domingo siguiente, Milay le trae un dibujo de árboles. Los

árboles no están prohibidos y el dibujo pasa. Didoskó le elogia

la obra y le pregunta por los circulitos de colores que aparecen

en las copas de los árboles, muchos pequeños círculos entre las

ramas: - ¿son naranjas?¿qué frutos son?-

La niña lo hace callar:

-ssshhhhh- y en secreto le explica: - bobo ¿no ves que son

ojos? Los ojos de los pájaros que te traje a escondidas.




Eduardo Galeano

martes, 16 de marzo de 2010

Andainas

O wifi windgurú fudju-suh!- dixo o cabalo dourado.
Mágoa que só o escoitara un verme que ía pola póla. Pola póla con présa. Non quería ser presa do xílgaro azul, sí, ese que todos pensades, o que escoita a Vetusta Morla.

lunes, 15 de marzo de 2010

Previsións meteorolóxicas

Previsións meteorolóxicas. É curioso como nos gusta ver asexantes o tempo que fará nos próximos días. Tranquilízanos, é un xeito de dicir "acouga neno, que todo está baixo control". Quen fora can. Porén, ás veces penso que é mellor mirar atrás. Relamernos cal gato famento como aquel que di que espera do mañán o mesmo ca doutrora.
Outra cousa que nos adoita agradar é mirarmos cara ás estrelas. Inmensas, espalladas e, sobre todo, lonxanas: sentirse coma "O Principiño". Todos temos dereito a ter amigos. Quen non os ten, é un desgraciado.

domingo, 14 de marzo de 2010

Yeah yeah yeah!



Colle un cacho de papel e escribe un desexo. Non é preciso que sexa un desexo profundo ou a longo prazo, e ata podes ser egoista ou materialista. As figuras de parrulo son as máis recorrentes, mais o desexo sempre dentro. ¿Do corazón? Ou do papel, tanto ten. O único requisito necesario e que pelexes para acandar o teu desexo. O fin non xustifica os medios, por suposto. E mira que en medios hai moita xente experta, mais diso hai moito que falar, ha ser mellor deixalo para outra vez.

Contrólate a ti mesmo. Colle somentes o que precises. Debe ser que porque a sombra á que nos arrimamos escollémola nós, polo que berro "yeah yeah yeah!". Coma todo. Claro que énos moito máis doado botarlle ás culpas ao destino, sen pensarmos na nosa capacidade racional para elixir. Facémoslle ás beiras á hipocresía. ¿Qué camisa has poñer hoxe? Dígocho para que non coincidamos, o volume das nosas preocupacións incide na nosa pel, e no noso senso. Camisa de forza busca amante das bolboretas para ser encantado. E así, pasan os días, ata que chega San Xoán, e saltamos por riba da fogueira, e queimamos as penas, e recollemos as cinzas, que son a esperanza. Agardando polo amencer, só falta a música de fondo, coma nas películas. E é que no fondo a vida é un filme, no que o protagonista é alguen que non é nós. Así que non queda outra que pórse o interruptor na cabeza con cinta illante e facerlle fronte ao mundo. Que xa é tempo pórnos á altura.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...