miércoles, 23 de diciembre de 2009

Year rewind

Xaneiro novo
Febreiro mimoso
Marzo baleiro
Abril colorido (e biolóxico)
Maio bonito (e longo)
Xuño chuvioso
Xullo expectante
Agosto morleño (e irrepetíbel)
Setembro barcelonés
Outubro asexante (e enfermeiro)
Novembro doce
Decembro frío (e precioso)

Está a piques de rematar que posíbelmente foi un dos mellores anos da miña vida. Porque dentro do malo, o balance é positivo. Sí rapaces, toca facer balance. Balance dun ano precioso, onde os cambios que houbo na miña vida foron enormes: persoalmente, socialemente, a nivel de estudos...
Sempre recordarei 2009 por ser o ano no que vin en concerto á grande Gertrudis, o Tom (Keane) ou ao xenial Chris Martin. O ano no que coñecín a noite santiaguesa, con tódolos seus máis (que non os cambio por nada) e tódolos seus menos. A noria, a catedral, a Plaza Roja as casas no medio da cidade... Realmente fascinante. O ano de Darwin, o ano de meu verán noxento, mais encantador á vez. Ay canto chorei, e ay canto de feliz son arestora.
Profundicemos nese verán. Véñenme á testa moitos recordos. Lémbrome da festa da auga, de Vetusta, do Entroido de verán, da praia, do parque acuático. Bos recordos, ¿non sí? Que curioso é que sempre nos entra a saudade de momentos que cando sucederon non te decatabas de que fosen tan bos.
Chegou setembro... Barcelona, tan cosmopolita ela. Até a ese momento sentinme coma se nunca estivera en Europa. E abrín os ollos, e vin o mundo con máis optimismo. Enamoreime da cidade. Non está mal para vivirmos un aniño, ¿non si?
Logo veu a esperanza, e a decepción, e a esperanza, e a decepción... Mais menos mal que a esperanza tivo algo que esperar. E por primeira vez na miña vida acando o que quero.
Comezaba o proxecto da miña vida. E estáa a ser. Nova xente, marabillosa, xenial. Por suposto a "de sempre" vai comigo nun baul cuxa chave gardo sempre para min. Pero a verdade é que necesitaba dun cambio, e saír estame devolvendo a ilusión.
É por iso que neste ano non me arrepinto de nada. De forxar a miña personalidade, de tolear cando cómpre, e de sincerarme coas persoas que quero e que me aprecian.
Xa que logo, pois, rematamos ben o ano: avante en popa cara o 2010, que xa teño gañas de gastalo, de vivilo, de probar as súas experiencias. Só hai que apurar un pouquiño máis este, que as derradeiras pingas de zume son as máis ricas.

miércoles, 26 de agosto de 2009

Andainas

Cando espertou, o dinosauro aínda estaba alí.

lunes, 15 de junio de 2009

En prol do galego sempre

The secret life of the songs



Bota unha ollada ao meu corpo. Mira as miñas mans. Hay tantas cousas que non entendo, aforra a túa cara chea de promesas rumoreadas coma oracións: non as necesito.
Fun tratada tan mal, e durante tanto tempo, que rematei por volverme intocábel. Ao desprezo gústalle o silencio, que avanza na escuridade arrodeado de aros.
Fun tratada tan mal, e durante tanto tempo, que rematei por volverme intocábel. Son coma unha flor que morre paseniñamente por culpa de xeada, son coma o doce tornando a amargo... e intocábel.








- He pensado que tu y yo... Podríamos... Ir a algún sitio... Juntos... Uno de estos días. Hoy. Ahora mismo. Ven conmigo Hannah.

- No yo... Creo que no va a ser posible.

- ¿Por qué no?

- Porque si decidiéramos irnos a algún lugar juntos... Me da miedo que un día, hoy no, quizás mañana tampoco, pero un día, de repente... Puede que empiece a llorar y a llorar y llore tanto que nada ni nadie pueda pararme, y que las lágrimas llenen la habitación, y que me falte el aire, y que te arrastre conmigo, y que nos ahogemos los dos.

- Aprenderé a nadar Hannah, te lo juro. Aprenderé a nadar.

sábado, 13 de junio de 2009

As tu déjà aimé?

¿Algunha vez tiveches amado
pola beleza do xesto?
¿Algunha vez tiveches mordido
a mazá con tódolos teus dentes?
¿Polo sabor da froita,
a súa dozura e o seu gusto, perdécheste ás veces?
Sí, eu tiven amado,
pola beleza do xesto,
mais a mazá estaba ben dura
e danei os dentes.
Esas paixóns inmaduras,
eses amores indixestos,
tivéronme amolado.

Mais, os amores duradeiros,
deixan esgotados aos amantes;
os seus bicos, demasiado maduros,
empobrecen as nosas linguas.

Os amores pasaxeiros
posúen tales febres inútiles;
os seus bicos, demasiado inmaduros,
amolan os nosos beizos.

Porque, ao querermos amar
pola beleza do xesto,
o verme da mazá,
escorrega entre os nosos dentes,
aliméntase do noso corazón,
do noso cerebro e do resto,
baleirándonos paseniñamente.

Mais cando ousamos amar,
pola pura beleza do xesto,
ese verme da mazá
que escorrega polos nosos dentes
tócanos o corazón e o cerebro
penetrando o seu perfume até o noso fondo

Os amores pasaxeiros
fan esforzos vans;
os seus aloumiños efímeros
fatigan o noso corpo.

Os amores que duran
Fan aos amantes menos belos
os seus aloumiños, o desgaste
envilecen a nosa pel.

jueves, 11 de junio de 2009

Diálogo dunha bágoa





Onde estás cando se te necesita? - Laiouse a bágoa. -E que fago aqui, escorregando pola túa face, as túas meixelas, rozando o nariz?

Recordando. Decatándose do que perdeu por non aproveitar o momento. Quizáis por iso agora que está lonxe, non lle queda ningunha esperanza de futuro.

-Síntome seca coma no inferno, e salgada como a mar de tormenta e ventada.

Agora xa é tarde. Telo pensado mellor.

-Quero seguir nos teus ollos, sentir como palpabrexas.


Imposible para a bágoa, o destino deparáballe voltar ao mar, era hora de volver a comezar. Era demasiado tarde para se lamentar.

Non fuxas.

-Por qué non podo? Por qué?


Cando sexas maior xa o entenderás bágoa.

Á bágoa corroíalle a pena. Que sentimento pode haber peor ca o amor.
E qué sentimento hai peor ca soidade.

-Cando non estaba aquí todo era diferente. O tempo no era tempo.

Tempo... O tempo é un sensentido.



Redebuxando o seu futuro, bágoa. Non te deixes convencer con aloumiños. Volve, pídocho por favor, que agora son eu quen quere terte nos meus ollos para sempre...











Bótote de menos bágoa.

jueves, 4 de junio de 2009

A miña versión galega de Killing Me Softly

Strumming my pain with his fingers,
Singing my life with his words,
Killing me softly with his song,
Killing me softly with his song,
Telling my whole life with his words,
Killing me softly with his song.

Sentín, que tiña estilo
so con escoitar a sua voz
quen e aquel que canta
aquel que me enamorou
Seus beizos dino todo
mordiscos de amorodo

Strumming my pain with his fingers,
Singing my life with his words,
Killing me softly with his song,
Killing me softly with his song,
Telling my whole life with his words,
Killing me softly with his song.

Cantando, tornaba os ollos
xa coñecia o camiñar
Que sensación máis extrana
mais non pares por favor
Seus beizos dino todo
mordiscos de amorodo


Strumming my pain with his fingers,
Singing my life with his words,
Killing me softly with his song,
Killing me softly with his song,
Telling my whole life with his words,
Killing me softly with his song.











É por iso que suavemente me matas coa túa canción, e non me importa. Adiante, killing me softly with you song! Non pares de tocar, que esta canción non remate.

miércoles, 3 de junio de 2009

And isn't it ironic, don't you think?

O tema máis laureado, o magnum opus de Alanis Morissette, foi titulado Ironic. Irónico coma a chuvia no día da túa voda. Irónico coma o pagar nun peaxe que é de gratis. Irónico coma un bo consello, que xamais seguín. Así di Alanis. Pero como distinguir entre un bo e un mal consello?

martes, 2 de junio de 2009

Luz

-Toc Toc
-Quen é?
-Son eu!

Efectivamente, era el.




Dile a los demás que fui un cometa errante
una luz que se perdio buscando el norte
tengo la impresion que mi vida cambiará a mejor mañana
mejor mañana
mejor sin más.

sábado, 30 de mayo de 2009

Viceversa, Mario Benedetti, poesía

Tengo miedo de verte
necesidad de verte
esperanza de verte
desazones de verte.
Tengo ganas de hallarte
preocupación de hallarte
certidumbre de hallarte
pobres dudas de hallarte.
Tengo urgencia de oírte
alegría de oírte
buena suerte de oírte
y temores de oírte.
o sea,
resumiendo
estoy jodido
y radiante
quizá más lo primero
que lo segundo
y también
viceversa.

Mario Benedetti

miércoles, 27 de mayo de 2009

Eu vou, vés?

Hoxe é deses días nos que te decatas de que todo ha saír ven, todo ha saír adiante.

sábado, 23 de mayo de 2009

Chemins

"Houbo un tempo en que cría que era eu o único, the one" díxome. "E facíame gracia"
E de sócato todo se abriu na miña mente, novas portas, novas sendas e camiños, cada un dos cales máis sinuosos e emocionantes. E entón sinto que non dou a basto. Quero percorrelos todos, aséxame por dentro saber que había no outro camiño mentres os meus pasos deslízanse cara adiante, mirando atrás, sí, mais sen voltar. Aséxame por dentro, ogallá puidera bifurcarme. Pero é igual, no problem, que se un camiño e demasiado pedregoso, xa atoparei a maneira de atallar cara o seguinte.

Colle a mochila e fai o teu camiño.

jueves, 14 de mayo de 2009

Un bo xesto

Un mal día. Choiva nada máis asexar pola fiestra. A ría neboenta, nin os paxaros palpebrexan sequera. Un día de maio frío e longo. Pero todo cambia. Un paso de peóns, un bo xesto, un sorriso, dous sorrisos... E fóra. Cambio de atitude, fóra malos pensamentos, adiante ao positivismo, ao individualismo no bo sentido da palabra, a ver a vida coma nun anucio de Evax. A que saben as nubes? Nin o sei nin o quero saber.
Por iso, todos temos días bos e días malos. Ou días malos e días horríbeis. Mais cómpre saber que un día non ven marcado por defecto, e ti mesmo podes trocar o rumbo da túa xornada. Está nas túas mans. E que mellor maneira de comezar o changing que mirarse ao espello, loarse a cadanseu gusto, e tomarse un kit kat...

martes, 5 de mayo de 2009

Arestora


Mira, á saída podo falar contigo un momento...?


martes, 28 de abril de 2009

Copenhague

Deixarse levar soa ben. O círculo non cadra. O cadrado circula por Copenhague. As gaivotas no porto, mariñeiros en Capri. Peixes veñen de lonxe, surcando o océano. De onde verrán?. Foise, non sabía estar. O ciclo de conferencias era o medo a chegar, e non teño valor para marchar. E a corrente levábame, mais non me amosaba o camiño. O medo ao fracaso, fai que chova, que chova dentro de min, que as raiolas de sol non veñan, e fuxan. Un intre con Coca-cola, trazará a fronteira entre sempre e endexamais. Agora ou xamais. Sí, o de deixarse levar soa ben. É coma un xogo de azar, non sabes onde has terminar, ou comezar...

Basado e dedicado a Vetusta Morla

lunes, 20 de abril de 2009

I hear Jerusalem bells

Moitas son as cousas que te fan feliz e moitas son as cousas que en cuestións de segundos fanche cambiar de estado sen tempo nin sequera a pestanexar. Primeira reflexión parva á que non vos aconsello que lle fagades moito caso.
Ás veces os clichés deixan de selo, e aínda quizaibes estea ben, persoalmente teño que dicir que non me agradan. O malo non me resulta tan malo se xa sei con anterioridade da súa nocividade. O malo por sorpresa aterrorízame. A segunda velaquí veu.
Terceira. Non pretendades conseguir nun día o voso obxectivo. É como se dixese que non sodes quen de acadar o carnet de conducir nun par de prácticas ou poñervos morenos nunha soa desas intensivas tardes ao sol. Mais semella que eu non son o máis indicado para dar consello (por iso da imbecilidade das miñas reflexións). Eu sería dos que pretenderían vencer Troia nun día. Empregaría bombas nucleares en troques de catapultas, e fusís de asalto en lugar de espadas. A impaciencia é algo característico dos adolescentes. Quéroo aquí e agora! Por que eu ía ser diferente aos demais? Poque ía ser eu especial? Porque ía a non ter ese comportamento híbrido entre adulto e neno que nos caracteriza. En efecto, son neno ou adulto segundo para o que me conveña. Como hoxe, que non fun a ningunha clase. O meu eu tiña cousas importantes dabondo que facer.

Cuarta. Hoxe esfumouse unha oportunidade. Pero o bo de todo isto e que polo de agora as oportunidades son ilimitadas. Mañán terei outra. E con sorte tamén pasado mañán.Pero iso... Iso xa é moito anticipar...

Quinta. Todo o que dixen con anterioridade é merda. Pura cochambre que sae en chorro da miña mente, coma o aspersor do veciño. O que realmente vale é ser espontáneo. Así é como se Vive a Vida.


domingo, 19 de abril de 2009

Tarde de domingo rara

Nin hay fútbol (o Celta e o Barça xogaron onte), nin hay saída cos amigos. Hoxe é deses días que toca quedar na casa e non facer nada. Simplemente agardar. Como aquel día na porta do pub. Púxenme a agardar. Por alguen? Que va! Máis ben por ninguén. Pero debe se-lo costumo de sempre ter que agardar, agardar polos amigos, agardar pola finde, agardar polas vacacións, agardar a que por fín a sorte me bote un dos seus sorrisos. O máis curioso e que sabía que ninguén ía a vir. Sabía que andaba a agardar pola nada.

Hoxe á tarde, descanso.
Hoxe á noite, humor.
Mañá pola mañá, bo espertar.
E despois, xa se verá, pero ante todo, paciencia signorino, paciencia.

sábado, 18 de abril de 2009

Comezo no meu recuncho


Vagalumes. Que coñecemos deles? Eu, persoalmente non tiven a oportunidade, mais nalgures se atopan. Vaga-lume, luciérnaga, din nalgures. Coleópteros chámanlle os entendidos. Que máis da como se chamen. Estes marabillosos animais non necesitan dunha farola na rúa, dun fluorescente ou do simple día. Eles son quen de alumear na mais profunda escuridade, ainda que no ceo non escindile nin unha maldita estrela, nin ainda que a remilgada e malvada lúa non lle dera a gana de saír esa noite. Non, simplemente co seu diminuto corpo élles dabondo para brilar. E polo tanto non podo ter outro sentimento hacia elas (aparte do abraio) que a pura e chabacana envexa. Porque eu tamén quero brilar con luz propia. Quero ser un kit kat no dia mais merdento, quero ser aquel oasis no Sahara. Chamádesme iluso? Quizais. Porén sigo a ser prudente, que niso teño matrícula.

Invádeme unha extraña sensación. Non podo concentrarme. Como diría a miña avoa, "ti rapás estás parvo ou que!" E non é pola primavera. Nin tampouco polo tempo. A dicir verdade non é algo externo, é algo que depende de min. Pode parecer que iso quédase nalgo superficial. Mais non, semella mais un cambio de actitude ante a vida ca un feito illado. Sinto que perdín a vergoña, o medo, e atrévome a dicir que noutras circunstancias non faría o mesmo. Pero non amiguiño non, agora non, not in my home. A primeira vez que teño ganas de que chegue o luns. Matádeme, si, pero non me chamedes iluso, que aínda que hay quen lle chama desa forma, eu prefiro chamarlle meta. E vou conseguila, custe o que custe. Esa e a miña realidade.











E non falo dos estudos...


Puede ser que mañana esconda mi voz por hacerlo a mi manera. Hay tanto idiota ahí fuera...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...