miércoles, 23 de diciembre de 2009

Year rewind

Xaneiro novo
Febreiro mimoso
Marzo baleiro
Abril colorido (e biolóxico)
Maio bonito (e longo)
Xuño chuvioso
Xullo expectante
Agosto morleño (e irrepetíbel)
Setembro barcelonés
Outubro asexante (e enfermeiro)
Novembro doce
Decembro frío (e precioso)

Está a piques de rematar que posíbelmente foi un dos mellores anos da miña vida. Porque dentro do malo, o balance é positivo. Sí rapaces, toca facer balance. Balance dun ano precioso, onde os cambios que houbo na miña vida foron enormes: persoalmente, socialemente, a nivel de estudos...
Sempre recordarei 2009 por ser o ano no que vin en concerto á grande Gertrudis, o Tom (Keane) ou ao xenial Chris Martin. O ano no que coñecín a noite santiaguesa, con tódolos seus máis (que non os cambio por nada) e tódolos seus menos. A noria, a catedral, a Plaza Roja as casas no medio da cidade... Realmente fascinante. O ano de Darwin, o ano de meu verán noxento, mais encantador á vez. Ay canto chorei, e ay canto de feliz son arestora.
Profundicemos nese verán. Véñenme á testa moitos recordos. Lémbrome da festa da auga, de Vetusta, do Entroido de verán, da praia, do parque acuático. Bos recordos, ¿non sí? Que curioso é que sempre nos entra a saudade de momentos que cando sucederon non te decatabas de que fosen tan bos.
Chegou setembro... Barcelona, tan cosmopolita ela. Até a ese momento sentinme coma se nunca estivera en Europa. E abrín os ollos, e vin o mundo con máis optimismo. Enamoreime da cidade. Non está mal para vivirmos un aniño, ¿non si?
Logo veu a esperanza, e a decepción, e a esperanza, e a decepción... Mais menos mal que a esperanza tivo algo que esperar. E por primeira vez na miña vida acando o que quero.
Comezaba o proxecto da miña vida. E estáa a ser. Nova xente, marabillosa, xenial. Por suposto a "de sempre" vai comigo nun baul cuxa chave gardo sempre para min. Pero a verdade é que necesitaba dun cambio, e saír estame devolvendo a ilusión.
É por iso que neste ano non me arrepinto de nada. De forxar a miña personalidade, de tolear cando cómpre, e de sincerarme coas persoas que quero e que me aprecian.
Xa que logo, pois, rematamos ben o ano: avante en popa cara o 2010, que xa teño gañas de gastalo, de vivilo, de probar as súas experiencias. Só hai que apurar un pouquiño máis este, que as derradeiras pingas de zume son as máis ricas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...