lunes, 14 de marzo de 2011

Dose: 400 mg

Cómo saber se as decisións que estás a tomar son as axeitadas. Se non estás a tomar o camiño que non é. Son as típicas cousas que cómpren ser vistas a de lonxe, cando o tempo fixo a sandadura xa. Decátaste dos erros, de que non o fixeches ben. E entón comezas a cuestionarte qué facer ao respecto. Volver atrás, e tentar arranxar as feridas? Sacar esa espiniña? Ou pasar de longo? Cexais xamais arrepentirse, deixar as cousas como están, porque remover o pasado non é bo. E mirar adiante, agardando que unha nova oportunidade che se poña por diante, aínda que non a merezas.

Son días de reflexión. Qué estou a facer coa miña vida e, o máis importante, quen son eu. Quen son eu e qué é o que quero. Fabián, onde quedou ese home forte e independente que soubo lidiar cos problemas que se lle plantexaron, dicir basta, e plantarlle cara á vida.

Caer na monotonía. Iso é exactamente o que non quero. A dicir verdade, non sei o que quero nin o que non quero. Indecisións con trasfondo, dende logo. Non has poder calmarte con música, longas tardes entre a devastación, ou creando personaxes anglosaxóns. Primeiro plano. E se levo uns días mirando todo dun punto de vista nostálxico, chámese chan, ceo ou horizonte. Chámese pasado, presente ou futuro. Se levo uns días así será porque é preciso para algo, aínda que non o saiba. O caso é que se me sento así, algun motivo importante hei de ter. Nada que non se poida solucionar cunha nova actitude, a base de todo.
Tentar ser honesto, se o mundo me deixa. Se as nubes seguen sendo nubes, e o ceo torna gris. Porque se somos sinceros, maís cedo ou máis tarde, todo rematar por se arranxar. Podes contarme cómo foi todo. E queixarte se queres. Por que cándo me queixo eu? Cando me queixo? Así que cheguei á conclusión de que o mellor e sorrir. Por que é máis doado que explicar por qué ficas mal. Porque se escribo é porque estou triste, aínda que non chore, e só mire con melancolía o balcón, botando de menos entes alén das fronteiras,

Pero non vos preocupedes por min. Estou máis que capacitado para superar os golpes. Aínda que sexan febles.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...