viernes, 16 de marzo de 2012

BANG!

I

Un día ao espertar, ficas
cheo de só

O sol segue a ser quente
A auga segue a ser morna
Peón sego a ser sendo ti a raíña farisaica
conto de agre final

Xa non abrangues ese largo espectro entre
falo e corazón, ti
moralexa rancia, mórbido alalá.

Xa non abrangues nin o centro do cadrado
cheo de pó, manxar de térmites
ficas oca,
fico só.

II

A incerteza viste 
tantas cores coma
persoas a nomean

Pobre da cega que non quixo ver
O que non pasa nen ha pasar

III

Coma se partindo dunha desvantaxe
imposíbel de recuperar
ou un virus se instalar na beira
agardando o vendaval

Coma se fose cousa dun tempo,
dun segmento, dun ollar
Coma se fosemos vencer a senectude
que cobra cedo ou xamais

Nesta panorama desolante
aínda somos quen de agromar
de ver medrar a nosa epiderme
e un novo sol poder escoitar

Mais chegados a este punto de
non                            retorno
desexar e morrer, filla da non patria
desexar ou morrer, desexo miserias.

IV

Desexar miserias?

V

O berro do funil sustitúe cumios descubertos
e o son mudo do meu eu
retumba máis nesta noite pecha

Non haberíamos de saber se é un choro
de mágoa, de rabia ou de cristal
Pero as cousas mestúranse coa choiva
                                                           aceda
ben que noutrora corroería todo o meu
corpiño
                                        mais arestora
non  hai gracia por desintegrar
un alma sen corpo
                                       e cecais un corpo sen alma

Non é un día gris,
senon noites sen candís

A carreira púidose decidir polo máis
lánguido dos milisegundos
Fráxil son as burbullas que gabean
que loitan
coas súas marxes da gloria que xa choraba
menos do que choraron.

Puido ser detida, capturado ese intre
EXACTO
o exacto para non ferirmonos os dous.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...