viernes, 29 de julio de 2011

A taberna dos senlleiros





EL sentou na mesa do restaurante, no lugar máis a carón da ventá. Xa pasaban 7 minutos da medianoite, e non desexaba máis que un simple whisky con xeo. ÉL agardaba, e porén TI non sabías por quen. Asexabas o que podías entre a barra, ou neses os teus sospeitosos paseos ao baño. Lástima que o ateigado que se atopaba o local ese día non che deixase máis tempo do que quixeras para observar con sutileza cómo ÉL sacaba do peto unha pluma e un caderno e adoptaba unha mirada cavilante, coma se quixera atoparlle o sentido a algo que se lle escapaba pero que estaba moi preto de entender. Non sei se ME comprendedes. Un tocadiscos amenizaba a sala. EU sabía perfectamente que o que soaba tratábase do primeiro álbum dos Beatles, aquel que grabaran en Hamburgo alá polo ano 1961. A verdade e que entre a música e a decoración, aquel lugar tiña un aspecto decadente. EU sabía que andabas a mirar para EL, porque eu tamén o facía. Mirábao a EL, el logo para mirándoo a EL. E logo pedía outro whisky. Con moito xeo, díxenCHE.

A estas alturas da vida de cada nós non estabamos para bromas. Ninguén no local estaba para bromas. Pódese dicir que todos viñamos procurar o mesmo. Un refuxio de soidade.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...