viernes, 25 de junio de 2010

Amelie

A súa conduta altruista deixouno completamente abraiado. Esa sensación... É real?
Compartían ese afán minucioso polas cousas pequenas, polo surrealista mais alegre. Tanto ten traballar nunha cafetaría, ou a vida sen facebook, ela preocupábase non deixar pegadas de dedos, no seu brillante corazón de vidro. Es moi moi fráxil Amelie.


Su conducta altruísta lo dejó completamente anonadado. Esa sensación... ¿Es real? Compartían ese afán minucioso por las cosas pequeñas, por lo surrealista pero alegre. Qué más da trabajar en una cafetería, o la vida sin facebook, ella se preocupaba por no dejar huellas de dedos en su brillante corazón de cristal. Eres muy frágil Amelie.


"Sans toi, les émotions d'aujourd hui ne seraient que la peau morte des émotions d'autrefois"



viernes, 18 de junio de 2010

O día E de Estafa




Hai uns días tiven constancia dunha a priori boa iniciativa do Instituto Cervantes. Esta consistía en votar e propor na rede, concretamente na páxina de dito ente, unha serie de palabras do idioma castelán, como unha das moitas iniciativas para celebrar o día do español. Logo de proceder a unha serie de votacións, na que calquer internauta podía participar, estableceríase un ranking coas palabras máis votadas polos usuarios da internet, e esa mesma palabra tería que ser defendida no denominado Día E polo rei Juan Carlos. Ademais, serían organizados actos por todo o Estado co rei defendendo esta palabra.

A nova vén cando unha das palabras propostas foi a palabra República. Habería de ser moi gracioso que o fose a propia antítese da República quen tiver que defendela, quen tiver que defender algo que vai contra a súa esencia.

Pois ben, resulta que esa palabra está entre as máis votadas. A última constancia do ranking foi que dita palabra atopábase na segunda posición a uns mil votos da primeira. Digo atopábase porque a páxina web foi censurada. Dende hai varios días, a palabra República pasou a converterse nunha das palabras máis votadas nun tempo récord e cun crecemento exponencial que, sen dúbida algunha, levaría á converter na palabra gañadora. Ao se decataren do auxe da palabra e das posibles consecuencias diso, o Instituto Cervantes decidiu suspender temporalmente as votacións na súa web por mor duns "problemas internos". O que vén querendo dicir que pretenden suspender ou amañar a votación para que non gañe a palabra que debería gañar, e aforrarlle pasar un mal rato ao rei.

Como opinión persoal hei dicir que paréceme vergoñento totalmente. Cando se propoñen iniciativas deste tipo, hase de ter constancia das posibles consecuencias e por tanto ser consecuente. Este mesmo sistema de votacións, por exemplo, foi o que levou a Chikilicuatre a Eurovisión. Fíxose entón tongo? Non. É por iso que o Instituto Cervantes, unha vez máis, gáñase o total descrédito.

lunes, 14 de junio de 2010

Sorrindo por parciais

Veño de tirar unha moeda á fonte, onde
as nubes formaban unha hipotenusa,
fuxen cara o ceo.
Supernovas tornan en frías lúas.
Asústalles o que aconteceu
a tarde do xoves 6

Maldito inferno no que te meteches
Case que podo ver polas túas meniñas opacas
Os nosos problemas non son un boomerang
Liscarán e non voltarán endexamais

Veño de tirar unha moeda á fonte.
Acumulei botellas no meu cuarto
e entón decateime
de que isto vai doer
Has de esquecer o que aconteceu
a tarde do xoves 6

Maldita merda de gusto musical
Tingues linces para lle borrares a cor
non fan xogo na alfombra do meu hall
Mañán ciberexame, penurias aplicadas.


Veño de tirar unha moeda á fonte
Fonte chea de peixes
Fonte chea de pedras
que formarán o teu tellado
e protexerán as túas glándulas lacrimais
do diluvio universal.

miércoles, 9 de junio de 2010

Hopipolla é o que farei


De sobra é coñecido, ou polo menos dabondo para a xente que o saiba desfrutar, o grupo islandés Sigur Ros. Se endexamais escoitastes Samskeyti, por pór un exemplo, tendes unha parte baleira dentro de vós que vos saberá agre, aínda que a ignorancia sea unha boa condimentación.

É por iso que aquí vos deixo a canción Hopipolla (Saltando polas pozas):



Brosandi Sorrindo
Hendumst í hringi Xirando arredor de sí
Höldumst í hendur agarrando mans
Allur heimurinn óskýr O mundo enteiro está borroso
nema þú stendur Mais ti resistes

Rennblautur Enchoupado
Allur rennvotur Completamente mollado
Engin gúmmístígvél Sen botas de goma
Hlaupandi inni í okkur Correndo dentro de nós
Vill springa út úr skel Quere nacer, romper o cascarón

Vindurinn Vento
og útilykt af hárinu þínu O olor do aire fresco no teu pelo
Ég anda eins fast og ég get Respiro tan apresa como podo
með nefinu mínu co meu nariz

Hoppípolla Saltando nas pozas
Í engum stígvélum sen as botas postas
Allur rennvotur(Rennblautur) completamente mollado
Í engum stígvélum sen as botas postas

Og ég fæ blóðnasir Teño sangue no nariz
En ég stend alltaf upp mais sempre resisto

Og ég fæ blóðnasir


Así que anímovos a todos a saltar sen ter medo aos charcos,
a enchouparse até que quededes
soaked,
mancharse con lama, mollarse,
aínda que non haxa sol que nos seque, aínda que
nos enluxemos a nosa mellor roupa, que nos vos
impidan vivir.
HOPIPOLLA


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...