Limón, limón.
Quéroo de limón.
A súa volta.
Agre e despexado.
Acedo e despexado.
Cunha tarta para celebrar a vida
ou un calipo que entre ben
(teatralmente),
hei de facer unha sondaxe
das partes do meu corpo,
Abran paso,
acó vén mr mainstream
tan a gustiño agochado no mediastino
a reclamar o que é noso,
as facturas non pagas, has de compensalas
E postos a pedir, digo,
postos a pedir,
pedimos máis 5 cm de amor.
miércoles, 25 de abril de 2012
Xusto aí
Seica din
que vaciaches de contido,
que es máis mala praxe,
que tingues de amarelo febril,
o que non tinguimos no leito.
Seica oio Saiches a escea
que a chuvia,
diáspora de porvires,
mollou para sempre adeus,
ti, que es máis de mala praxe. Atopaches o xeito de sair á escea
E agora voto mirarte
Agora mesmo, e Quen son eu para protestar?
diante desta sopa pixelada.
E seica vexo, Eu, rei da farándula
como levantas a man e floculas as estrelas,
e insires unha longa paréntese (sexual),
como ases a cana o mañan,
como amosas que un Gagarín é un Gagarín.
abaixo
Son area, para cabalos, son aire que nin peitea nin desfai, superlfuo, contrabaixo, sí, máis .
Xusto, aí
que vaciaches de contido,
que es máis mala praxe,
que tingues de amarelo febril,
o que non tinguimos no leito.
Seica oio Saiches a escea
que a chuvia,
diáspora de porvires,
mollou para sempre adeus,
ti, que es máis de mala praxe. Atopaches o xeito de sair á escea
E agora voto mirarte
Agora mesmo, e Quen son eu para protestar?
diante desta sopa pixelada.
E seica vexo, Eu, rei da farándula
como levantas a man e floculas as estrelas,
e insires unha longa paréntese (sexual),
como ases a cana o mañan,
como amosas que un Gagarín é un Gagarín.
abaixo
Son area, para cabalos, son aire que nin peitea nin desfai, superlfuo, contrabaixo, sí, máis .
Xusto, aí
viernes, 16 de marzo de 2012
BANG!
I
Un día ao espertar, ficas
cheo de só
O sol segue a ser quente
A auga segue a ser morna
Peón sego a ser sendo ti a raíña farisaica
conto de agre final
Xa non abrangues ese largo espectro entre
falo e corazón, ti
moralexa rancia, mórbido alalá.
Xa non abrangues nin o centro do cadrado
cheo de pó, manxar de térmites
ficas oca,
fico só.
II
A incerteza viste
tantas cores coma
persoas a nomean
Pobre da cega que non quixo ver
O que non pasa nen ha pasar
III
Coma se partindo dunha desvantaxe
imposíbel de recuperar
ou un virus se instalar na beira
agardando o vendaval
Coma se fose cousa dun tempo,
dun segmento, dun ollar
Coma se fosemos vencer a senectude
que cobra cedo ou xamais
Nesta panorama desolante
aínda somos quen de agromar
de ver medrar a nosa epiderme
e un novo sol poder escoitar
Mais chegados a este punto de
non retorno
desexar e morrer, filla da non patria
desexar ou morrer, desexo miserias.
IV
Desexar miserias?
V
O berro do funil sustitúe cumios descubertos
e o son mudo do meu eu
retumba máis nesta noite pecha
Non haberíamos de saber se é un choro
de mágoa, de rabia ou de cristal
Pero as cousas mestúranse coa choiva
aceda
ben que noutrora corroería todo o meu
corpiño
mais arestora
non hai gracia por desintegrar
un alma sen corpo
e cecais un corpo sen alma
Non é un día gris,
senon noites sen candís
A carreira púidose decidir polo máis
lánguido dos milisegundos
Fráxil son as burbullas que gabean
que loitan
coas súas marxes da gloria que xa choraba
menos do que choraron.
Puido ser detida, capturado ese intre
EXACTO
o exacto para non ferirmonos os dous.
Un día ao espertar, ficas
cheo de só
O sol segue a ser quente
A auga segue a ser morna
Peón sego a ser sendo ti a raíña farisaica
conto de agre final
Xa non abrangues ese largo espectro entre
falo e corazón, ti
moralexa rancia, mórbido alalá.
Xa non abrangues nin o centro do cadrado
cheo de pó, manxar de térmites
ficas oca,
fico só.
II
A incerteza viste
tantas cores coma
persoas a nomean
Pobre da cega que non quixo ver
O que non pasa nen ha pasar
III
Coma se partindo dunha desvantaxe
imposíbel de recuperar
ou un virus se instalar na beira
agardando o vendaval
Coma se fose cousa dun tempo,
dun segmento, dun ollar
Coma se fosemos vencer a senectude
que cobra cedo ou xamais
Nesta panorama desolante
aínda somos quen de agromar
de ver medrar a nosa epiderme
e un novo sol poder escoitar
Mais chegados a este punto de
non retorno
desexar e morrer, filla da non patria
desexar ou morrer, desexo miserias.
IV
Desexar miserias?
V
O berro do funil sustitúe cumios descubertos
e o son mudo do meu eu
retumba máis nesta noite pecha
Non haberíamos de saber se é un choro
de mágoa, de rabia ou de cristal
Pero as cousas mestúranse coa choiva
aceda
ben que noutrora corroería todo o meu
corpiño
mais arestora
non hai gracia por desintegrar
un alma sen corpo
e cecais un corpo sen alma
Non é un día gris,
senon noites sen candís
A carreira púidose decidir polo máis
lánguido dos milisegundos
Fráxil son as burbullas que gabean
que loitan
coas súas marxes da gloria que xa choraba
menos do que choraron.
Puido ser detida, capturado ese intre
EXACTO
o exacto para non ferirmonos os dous.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)