martes, 18 de octubre de 2011

Balance do ano 2010, ou "A boas horas"



 Escrito a finais de 2010:


Cada momento dunha vida, cada etapa, é unha sensación. A arte de lembrar cada momento, asocialo a unha olor, un son, unha canción ou un acto cotiá. As lembranzas do pasado son un xeito máis de mitificalo, pero tamén de disfrutalo, de saborealo pouco a pouco. É por así dicilo o tempo engadido do encontro da nosa existencia. "De vez en cuando es bueno ser consciente de que hoy de que ahora estamos fabricando las nostalgias que descongelarán algún futuro" adoitaba a dicir Benedetti.  É por iso que non é malo recordar. Nin tampouco doado. E as lembranzas deste ano 2010 que remata quedarán na mixa maxín até que as miñas conexións neuronais o permitan. Pero como non teño nin tanto tempo, nin tanta creatividade, só tentarei plasmar algúns, os máis importantes, os que lembren, ou os que me saian do carallo, que xa se sabe que Lourdes non perdoa.

Xaneiro

Corría un día de Xaneiro, non sei cal, que eu tan enfermiño voltaba a Reus. Voltaba de estar coa familia, e non tiña gañas moitas de reencontros. Ben, sendo honestos, tiña e non tiña ao mesmo tempo. A viaxe foi longa, pero malia iso, recordareina toda a vida. Porque non sei que ten o tren que ofrece un aura de maxia ás historias, que até a parella consumando debaixo dunha ponte de madrugada semellou romátinca. O exceso como forma de vida. A miña dor de cabeza non me fixo outro favor que adormecerme, para non poder ver a neve caer fóra do comboi.
Lembro especialmente a conversa cunha moza leones estudante en Pamplona. Non souben nin saberei o seu nome xamais, pero falamos coma se nos coñecesemos de toda a vida. É posíbel que de nos ver agora eu non soubese recoñecela. Pero a abstracción desa moza habereina de levar sempre.

Marzo

O tempo dos paxariños, paxariños dobrados, de cores, cheos de esperanzas. Da ilusión. A ti lembrareite especialmente. Aínda que non acabasemos ben, eu ben sei que foi unha fase boa. Se cadra o medo me puido, mais prometinme non voltar a cometer os mesmos erros. Chame como se chame a pedra, non hei tropezar máis. Porque quero que o dano que dis que che fixen tivese algún sentido. Porque quero que me servira de lección. Ao fin terei que estar toda a vida a aprender, e non sei se mesmo lembras que complicado era todo, e canto de complicado segue a ser sen estares. É posíbel que fose o destino, pero eu non sentía querer abrigar o meu frío contigo. E niso non teño nada que reprocharme, porque eu non decido sobre os meus sentimentos.

Xullo

Preparen as equipaxes mozos e mozas. O equipo A está a piques de partir! Por diante, un longo camiño cheo de penurias, peculiaridades, e bucólicas experiencias a superar. Todo para chegarmos sáns e salvos á Capital, Santiago de Compostela. Porque o Camiño non está feito para calquera. E para reportarmos forzas? Unha tempadiña en Portugal.


Decembro

Decembro máxico. Cheo de concertos. Estela independente, caótica e mal pronunciada. Onde crin estar nunha festa nun loft dun ático no meio da mesmísima Nova Iorque. Two Door Cinema Club, Lady Gaga, Love of Lesbian. Predicamos que vivir o momento, que o tempo que escorrega non volve, é unha filosofía aceptábel. O nihilismo pasou de moda, e ademáis de non ser rentábel, non aturaría ter que drogarme cada día. Baixos, baterías, harmónicas, teclados, guitarras, vocais, micrófonos, altofalantes a todo tren, empurróns, suor pola pel, preocuparse polas poses máis que por disfrutar, ou disfrutar sen máis da bipolaridade.

Non podo traballar, e ninguén pode. Alternativamente e sen querelo creo que cambio a mentalidade, porque os detalles forman a persoa, e estes veñen en mandas, de súpeto e sen avisar. Para que non poidas defenderte deles, claro.

Non queres estar só, e ao mellor non sei dicir como me sento. Sí, pode que pasado o tempo saiba. Pode que neste ano que entra. Porque estoume a convercer de que existe un karma, e quero caerlle ben e que sexamos amigos, para que dunha vez a sorte non teña medo de sorrirme, ou polo menos de sorrirme máis, que de egoísmo vou sobrado. E no fondo, sei o que quero.

Feliz ano 2011 a todos, e boas festas familiares cheas de hipocrisía!

lunes, 10 de octubre de 2011

Placeres de la vida




A veces pensamos que la cantidad es lo más importante, que los detalles no importan. El peor enemigo de lo peculiar, de lo que nos hace diferentes, es precisamente la costumbre de tender a generalizar. La filosofía de lo superficial como base a una sociedad llena de prejuícios y primeras impresiones. El deseo de mainstreamización máxima. "La vida es como el juego de la oca: tienes el camino marcado hasta el final, y de ahí no te puedes salir. Como mucho, si tienes suerte, de vas de oca a oca y te pegas un tiro." Es esa especie de orfandad mental la que me hace preguntarme qué cosas son placenteras para mi. Qué estimula mis músculos faciales haciendo que sonría sin darme cuenta.

Minutos reflexionando sobre ello, y los placeres salen solos. Rápidamente, uno detrás de otro. Y casi daba tanto placer recordarlos como vivirlos. Venían muchos, muchísimos, en cascada. Y sentí el deseo de apuntarlos, para que ninguno, absolutamente ninguno, se me escapase. Pero para hacerlo más entretenido, me he puesto una sencilla regla. Un placer por día. Plasmar las minucias que me hayan alegrado la jornada, ésa jornada.  Un pequeño placer, a lo Amelie Poulan metiendo la mano en el saco de las lentejas (¿o eran habas?). O un gran placer. Escribir lo que me de la gana, lo que me salga de la úvula, del pimiento, de la bolsa de Fabricio, del Abismo de Helm, de la punta del meñique izquierdo, y del derecho también. Todo vale mientras las hojas sean de papel reciclado, y el estilo vintage haga que dejen de llamarme moderno de mierda.





Nadar desnudo, fumar tumbado, follar de pie. Placeres de la vida.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...