martes, 27 de abril de 2010

Hospital: A agulla e o palleiro

Nin unha alma se move no hospital,
sen folgos berro non quedan moedas,
paredes brancas e brancas sensacións,
bicarbonato de sodio nas veas,
queixume das padiolas finxen tremer,
a agulla e o palleiro,
hoxe bailamos con esa visión.

Entre a vida e a morte estou
e ao chegar á alfándega das mágoas
semento bágoas nese mar de algodón
onde naceran sempiternas pingas
que me fan deitar no límite entre
a agulla e o palleiro,
alugo mistos en espiral maior

Axeitamos á raíña retorta,
xantamos vacinas de xeito sutil.
Asexamos entre os quirófanos.
O viño non é viño,
senon sangue
coagulada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...