viernes, 26 de noviembre de 2010

Artes efímeras de novembro

I

A pianola é vella máis lévame ao sol

Nouvelle Vague 64 perfílase coma novo

contrasinal deste absurdo conto de fadas,

ou fados, fados borrascosos de aninovo

Indicador de tristeza, triste tornasol.



Pola mañán. Toco a miudo pola mañán.

A carón da beira do río, ahí é onde

atoparei maxia. Ahí é onde saberas

latín, por fin. É ahí onde un recolle,

onde non ten sentido a loita temperán.



México ponse primeiro na clasificación

e seica afoguei e ningúen me avisou

da brisa otonal. Eu castaña e sí, ao lume.

A roupa a tender a auga que nunca mollou,

e alma a perdoar sen escuadra e cartabón



Agás esta noite, non preciso verte entrar

por esa porta de mentiras. O eu moderno

replicaría, pero eu non aprendín, nen souben

ser a copia minuciosa do corazón deserto.

Non hai tempo de reacción. Iso ou actuar.



jueves, 18 de noviembre de 2010

Festa do pixama

¿Son precisos os almofadazos nunha pijama party? ¿Pode o son dun violín converterse na máis doce das nanas? ¿Qué somos e de onde vimos? Coido que podemos tomar un pequeno break, e sí, dar almofadazos, desafogarse, rir, e pasalo ben, que non queremos rematar como Iván Ilich, aristocráticamente sós.

Xa que logo, é tempo de ir para a cama. E eu xa teño o meu gorriño e o meu osiño de peluche.

martes, 16 de noviembre de 2010

Todo cae, coma folerpas de vento, ou bágoas de neve.

Chega o outono á miña vida. É tempo de renovarse, de cambiar, de pisar as follas vellas, e se é facendo "crash" mellor aínda. Din que ao chegar unha nova etapa outonal tralas vacacións, toca apuntarse a algo, e facerse baleiras promesas que ninguén ha cumprir. Porque non abonda con estar convencido ao carón da almofada. Hai que avanzar sen escorregar, renovarse. É tempo de renovarse.

Aínda estou a cavilar a qué inscribirme. Ao autobús da esperanza, ao ximnasio de seguridade, ás clases de cante jondo. Ao circo da deshinibición. Ao tren da vida. Agora é cando quero que soen violíns de fondo. Un rumiar ao lonxe que me aconselle, que me diga ao ouvido qué facer, neste tempo de limiares e alfándegas.

O que está claro é que neste outono, han caer moitas follas. Dende as máis altas da carballeira, até as máis novas. E debe ser por iso que todos acabamos sendo esterco, ou porque quero que o vento me leve, que aínda teño medo tocar a miña sinfonía. Bo outono a todos.

jueves, 28 de octubre de 2010

Eu tampouco te espero



Celebremos o Magosto. Recibamos cos brazos abertos a Bento XVI . A castañazos.

domingo, 17 de octubre de 2010

Gloria do serán

Co volume até estoupar os tímpanos. Se tes sorte, non escoitarás nada, nin de fóra, nin de ti. E non sei cal das dúas esferas me aterra máis. Por un momento créome nas nubes, no ceo. Coido que merezo un chisco de paz xa, ¿non cres? De tódolos xeitos non ía aturar máis esta situación, así, tal como está. Quizais movendo algún moble de sitio... Non, mellor pensado e deixar todo como está.

¿Por onde ía? Ah sí, polas nubes, por unha fría, bretemosa e húmida nube. Unha nube que me acariña o corpo, unha nube que sento entre as fazulas, e por debaixo das orellas. Non sei como soubo que ahí era onde máis me gustaba. Unha nube que me agarimou, que me respectou, que escorregou delicadeza e cariño por cada ángulo obtuso do meu corpo, para despois deslizarse, sosténdome no ar, coma ti nunca fixeras.

Ti nunca facías nada.


Xa nada queda de aquel rapaz animoso. Agora tornou férrido e cerril. Anquilosarse no pasado e como deixar de medrar, pero neste caso ao revés. Unha panca de cambio esnaquizada por unhas bágoas corrosivas, verdecentes e vellas coma a vida. Toda unha vida.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...