Mostrando entradas con la etiqueta reflexion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reflexion. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de diciembre de 2010

Try again


É arte. Arte acérrima e hipócrita e de boa mañán. É a favor de corrente, pero dese xeito tamén costa, ser meticuloso, non deixar de mirar pola rúa. Cómpre ser pouco convencional, para variar.

Proporeime aprender a estruturar isto, e de paso baixar o volume do Spotify. Proporeime deixar de ser de ben. Cuadriculadamente desaprensivo como as rúas de Barcelona, elipsoidalemente cínico e inmensamente fillo da puta coma o Atlántico. Iso serei e non é unha declaración de intencións, é un sentimento facticio, provocado e intransixentemente inminente.

Abúrreme todo isto. E non o aturo máis, quero vivir entre cristaleiras. Interrumpo.
Quero volver á praia, sentir as ondas e ter o meu lugar de reflexión. Quero frío, pero no este frío de merda. Quero un frio de verdade, que cale ós ósos, que chegue até a lúa.

En fin, son moitos os xeitos de resumir un sentimento, e que se poden sintetizar en "estou farto de tanta arte e tanta hipocrisía". Eu nunca serei así. E se non comprendedes, que vos fodan, que eu non teño a culpa.


Un MIAU moi agarimoso para que lea isto.


martes, 16 de noviembre de 2010

Todo cae, coma folerpas de vento, ou bágoas de neve.

Chega o outono á miña vida. É tempo de renovarse, de cambiar, de pisar as follas vellas, e se é facendo "crash" mellor aínda. Din que ao chegar unha nova etapa outonal tralas vacacións, toca apuntarse a algo, e facerse baleiras promesas que ninguén ha cumprir. Porque non abonda con estar convencido ao carón da almofada. Hai que avanzar sen escorregar, renovarse. É tempo de renovarse.

Aínda estou a cavilar a qué inscribirme. Ao autobús da esperanza, ao ximnasio de seguridade, ás clases de cante jondo. Ao circo da deshinibición. Ao tren da vida. Agora é cando quero que soen violíns de fondo. Un rumiar ao lonxe que me aconselle, que me diga ao ouvido qué facer, neste tempo de limiares e alfándegas.

O que está claro é que neste outono, han caer moitas follas. Dende as máis altas da carballeira, até as máis novas. E debe ser por iso que todos acabamos sendo esterco, ou porque quero que o vento me leve, que aínda teño medo tocar a miña sinfonía. Bo outono a todos.

domingo, 17 de octubre de 2010

Gloria do serán

Co volume até estoupar os tímpanos. Se tes sorte, non escoitarás nada, nin de fóra, nin de ti. E non sei cal das dúas esferas me aterra máis. Por un momento créome nas nubes, no ceo. Coido que merezo un chisco de paz xa, ¿non cres? De tódolos xeitos non ía aturar máis esta situación, así, tal como está. Quizais movendo algún moble de sitio... Non, mellor pensado e deixar todo como está.

¿Por onde ía? Ah sí, polas nubes, por unha fría, bretemosa e húmida nube. Unha nube que me acariña o corpo, unha nube que sento entre as fazulas, e por debaixo das orellas. Non sei como soubo que ahí era onde máis me gustaba. Unha nube que me agarimou, que me respectou, que escorregou delicadeza e cariño por cada ángulo obtuso do meu corpo, para despois deslizarse, sosténdome no ar, coma ti nunca fixeras.

Ti nunca facías nada.


Xa nada queda de aquel rapaz animoso. Agora tornou férrido e cerril. Anquilosarse no pasado e como deixar de medrar, pero neste caso ao revés. Unha panca de cambio esnaquizada por unhas bágoas corrosivas, verdecentes e vellas coma a vida. Toda unha vida.


martes, 7 de septiembre de 2010

Extrapermeábel



Houbo un tempo no que non pasaba nada na túa vida. Eras feliz ao teu xeito, porque nada acontecía que rompese esa cotianidade. Atopábaste cómodo nesa alfándega na que pasar desapercibido, nesa bóla de cristal, fráxil. Mais dende hai un tempo semella que algo cambiou, que mudou paseniñamente até acadar o feito de que tí es o protagonista desta filme independente. Como bo filme que se prece, cada día está a pasar unha cousa nova, apaixoante e inesperada. De sócato todo acontece acelerado, ao contrario que no cine francés. Seica din que agora comeza a diversión. E ata temos banda sonora e todo. Queixaraste eh?


domingo, 11 de abril de 2010

Alerta


¿Qué farei ás 2:00 da mañán, esperto, sen poder durmir? ¿E como quedarán os meus ollos avermellados mañán pola mañán? ¿Por qué tardei cinco minutos en escribir estas dúas frases? ¿Quén diría que unha canción pode ser escoitada tantas veces seguidas? Non vexo nin as teclas. Non deixes de chafardear, que tí si que sabes como funciona o mundo das indirectas.

Alerta.



¿Qué haré a las 2:00 de la mañana despierto, sin poder dormir? ¿Y como quedarán mis ojos enrojecidos mañana de mañana? ¿Por qué he tardado cinco minutos en escribir estas dos frases? ¿Quién diría que una canción puede ser escuchada tantas veces seguidas? Non veo ni las teclas.
Non dejes de cotillear, que tú si que sabes como funciona el mundo de las indirectas.

Alerta.



sábado, 10 de abril de 2010

Dos libros por un euro: hoxe castelán (estamos que o tiramos!)



Hoy está a ser un muy buen día. Lo supe desde el momento en que salí de la ducha. Y es que con las gafas estoy tan bueno que me follaría a mi mismo. Lo que más me gusta de levantarme temprano es esa sensación de que estás aprovechando el día. Dos libros por un euro. No me gusta ninguno, adiós. ¡Tinc coses que fer! ¿Qué hago entonces embobado mirando hacia allá? Ah claro, es que estás tú al lado.



lunes, 5 de abril de 2010

Vivimos no paraíso e non nos decatamos


Sete da mañán e o orballo aínda presente. Xa sabes o que pasa. Un río de despedidas, por aquí e por alá, tanto ten. Camiño lento e agromar de tristeza, á intemperie queiman as penas. Dende o ceo obsérvase mellor todo. Ata o paraíso mellora. Porén a miña maxín sempre está de viaxe, e vólvome cego coma unha tapia, ou pitoño, xa non me lembro; e xa non sei que facer con esta pataca quente que estaba disposta a pasar.
Sí, xa estou en Reus. Amazónica tarefa a partir de agora, sórte que tes que todo flúe ao teu favor.

Siete de la mañana y el rocío aún presente. Ya sabes lo que pasa. Un río de despedidas, por aquí y por allá, qué más dá. Camino lento y florecer de tristeza, a la intemperia se queman las penas. Desde el cielo se observa mejor todo. Hasta el paraíso mejora. Sin embargo, mi mente siempre está de viaje, y me vuelvo ciego como una tapia, o pitoño, ya no me acuerdo; y ya no sé que hacer con esta patata caliente que estaba dispuesto a pasar.
Sí, ya estoy en Reus. Amazónica tarea a partir de ahora, suerte que tienes que todo fluye a tu favor.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Anorexia

Imos chegando xa á meta. Uns antes ca outros, todos beben rápido o zume, antes de se evaporaren as vitaminas. A e C predominan sobre as demais. Son hidrosolúbeis, polo que non pasa nada se nos execedemos, o noso corpo eliminaráas pola orina. As peores son as liposolúbeis. Esas condenadas non se deixan domar, atorméntame neste cárcere de prexuízos. ¿Se deixo de comer, seguerá este trastorno obsesivo-compulsivo?
Montar a miña propia boutique sería unha fonte de consolo. Un chafarís quen de deseñar un arco da vella sobre de nós. Mágoa que nestas terras a sequía dure 12 meses e 6 horas cada ano. Terreos érmedos e calcáreos son a metáfora do meu ser, a antítese do meu comer. Chámome sociedade e agrádame chamar a atención.

Vamos llegando ya a la meta. Unos antes que otros, todos beben el zumo, antes de que se evaporen las vitaminas. A y C predominan sobre las demás. Son hidrosolubles, por lo que no pasa nada si nos excedemos, nuestro cuerpo las eliminará por la orina. Las peores son las liposolubles. Esas condenadas no se dejan domar, atormentándome en esta cárcel de prejuicios. ¿Si dejo de comer, seguirá este trastorno obsesivo-compulsivo?
Montar mi propia boutique sería una fuente de consuelo. Un chafarís a la altura de diseñar un arcoiris sobre nosotros. Lástima que en estas tierras la sequía dura 12 meses y 6 horas cada año. Terrenos secos y calcáreos son la metáfora de mi ser, y la antítesis de mi comer. Me llamo sociedad, y me encanta llamar la atención.

domingo, 14 de marzo de 2010

Yeah yeah yeah!



Colle un cacho de papel e escribe un desexo. Non é preciso que sexa un desexo profundo ou a longo prazo, e ata podes ser egoista ou materialista. As figuras de parrulo son as máis recorrentes, mais o desexo sempre dentro. ¿Do corazón? Ou do papel, tanto ten. O único requisito necesario e que pelexes para acandar o teu desexo. O fin non xustifica os medios, por suposto. E mira que en medios hai moita xente experta, mais diso hai moito que falar, ha ser mellor deixalo para outra vez.

Contrólate a ti mesmo. Colle somentes o que precises. Debe ser que porque a sombra á que nos arrimamos escollémola nós, polo que berro "yeah yeah yeah!". Coma todo. Claro que énos moito máis doado botarlle ás culpas ao destino, sen pensarmos na nosa capacidade racional para elixir. Facémoslle ás beiras á hipocresía. ¿Qué camisa has poñer hoxe? Dígocho para que non coincidamos, o volume das nosas preocupacións incide na nosa pel, e no noso senso. Camisa de forza busca amante das bolboretas para ser encantado. E así, pasan os días, ata que chega San Xoán, e saltamos por riba da fogueira, e queimamos as penas, e recollemos as cinzas, que son a esperanza. Agardando polo amencer, só falta a música de fondo, coma nas películas. E é que no fondo a vida é un filme, no que o protagonista é alguen que non é nós. Así que non queda outra que pórse o interruptor na cabeza con cinta illante e facerlle fronte ao mundo. Que xa é tempo pórnos á altura.




sábado, 23 de mayo de 2009

Chemins

"Houbo un tempo en que cría que era eu o único, the one" díxome. "E facíame gracia"
E de sócato todo se abriu na miña mente, novas portas, novas sendas e camiños, cada un dos cales máis sinuosos e emocionantes. E entón sinto que non dou a basto. Quero percorrelos todos, aséxame por dentro saber que había no outro camiño mentres os meus pasos deslízanse cara adiante, mirando atrás, sí, mais sen voltar. Aséxame por dentro, ogallá puidera bifurcarme. Pero é igual, no problem, que se un camiño e demasiado pedregoso, xa atoparei a maneira de atallar cara o seguinte.

Colle a mochila e fai o teu camiño.

lunes, 20 de abril de 2009

I hear Jerusalem bells

Moitas son as cousas que te fan feliz e moitas son as cousas que en cuestións de segundos fanche cambiar de estado sen tempo nin sequera a pestanexar. Primeira reflexión parva á que non vos aconsello que lle fagades moito caso.
Ás veces os clichés deixan de selo, e aínda quizaibes estea ben, persoalmente teño que dicir que non me agradan. O malo non me resulta tan malo se xa sei con anterioridade da súa nocividade. O malo por sorpresa aterrorízame. A segunda velaquí veu.
Terceira. Non pretendades conseguir nun día o voso obxectivo. É como se dixese que non sodes quen de acadar o carnet de conducir nun par de prácticas ou poñervos morenos nunha soa desas intensivas tardes ao sol. Mais semella que eu non son o máis indicado para dar consello (por iso da imbecilidade das miñas reflexións). Eu sería dos que pretenderían vencer Troia nun día. Empregaría bombas nucleares en troques de catapultas, e fusís de asalto en lugar de espadas. A impaciencia é algo característico dos adolescentes. Quéroo aquí e agora! Por que eu ía ser diferente aos demais? Poque ía ser eu especial? Porque ía a non ter ese comportamento híbrido entre adulto e neno que nos caracteriza. En efecto, son neno ou adulto segundo para o que me conveña. Como hoxe, que non fun a ningunha clase. O meu eu tiña cousas importantes dabondo que facer.

Cuarta. Hoxe esfumouse unha oportunidade. Pero o bo de todo isto e que polo de agora as oportunidades son ilimitadas. Mañán terei outra. E con sorte tamén pasado mañán.Pero iso... Iso xa é moito anticipar...

Quinta. Todo o que dixen con anterioridade é merda. Pura cochambre que sae en chorro da miña mente, coma o aspersor do veciño. O que realmente vale é ser espontáneo. Así é como se Vive a Vida.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...