Mostrando entradas con la etiqueta coldplay. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coldplay. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de abril de 2010

Eu falo

Fabián pecha a porta e sae á rúa. Aperta o botón do ascensor, mais non sube nel senón que baixa polas escaleiras. Leva vestido unha chaqueta de punto beige, cunha camisola branca e uns pantalóns grises. Leva os cascos postos co volume ao máximo. Escoita Coldplay. As raiolas de sol golpéanlle na faciana, entrepecha os ollos, pestanexando máis do normal. Decide poñer os lentes de sol, uns espellados de aviador. Cruza a esquina, pasa pola parada do autobús, e atravesa o paso de peóns, tendo coidado de só pisar as liñas brancas. Mentres camiña bota unha ollada á feira, aos animais, ás vendedoras. Mira o reloxo do panel luminoso e comeza a camiñar máis a présa. Volve a cruzar a rúa, esta vez sen pasar polo paso de peóns. Ao pasar en fronte do hospital, queda embobado del tal xeito ata case atropelar a unha cadela que paseaba coa súa dona. Pídelle desculpas. Tras esquivar mediante slalon a marea de xente fronte da casa de Gaudí, chega á facultade. Entra pola porta pequena, bota unha ollada a palmeira, e revísase o peiteado sobre a imaxe reflictida no vidro. Sube as escaleiras, paseniñamente e coas mans agarradas á varanda. Apertas, bicos...


Que estea a perder non quere dicir que xa perdera.

lunes, 20 de abril de 2009

I hear Jerusalem bells

Moitas son as cousas que te fan feliz e moitas son as cousas que en cuestións de segundos fanche cambiar de estado sen tempo nin sequera a pestanexar. Primeira reflexión parva á que non vos aconsello que lle fagades moito caso.
Ás veces os clichés deixan de selo, e aínda quizaibes estea ben, persoalmente teño que dicir que non me agradan. O malo non me resulta tan malo se xa sei con anterioridade da súa nocividade. O malo por sorpresa aterrorízame. A segunda velaquí veu.
Terceira. Non pretendades conseguir nun día o voso obxectivo. É como se dixese que non sodes quen de acadar o carnet de conducir nun par de prácticas ou poñervos morenos nunha soa desas intensivas tardes ao sol. Mais semella que eu non son o máis indicado para dar consello (por iso da imbecilidade das miñas reflexións). Eu sería dos que pretenderían vencer Troia nun día. Empregaría bombas nucleares en troques de catapultas, e fusís de asalto en lugar de espadas. A impaciencia é algo característico dos adolescentes. Quéroo aquí e agora! Por que eu ía ser diferente aos demais? Poque ía ser eu especial? Porque ía a non ter ese comportamento híbrido entre adulto e neno que nos caracteriza. En efecto, son neno ou adulto segundo para o que me conveña. Como hoxe, que non fun a ningunha clase. O meu eu tiña cousas importantes dabondo que facer.

Cuarta. Hoxe esfumouse unha oportunidade. Pero o bo de todo isto e que polo de agora as oportunidades son ilimitadas. Mañán terei outra. E con sorte tamén pasado mañán.Pero iso... Iso xa é moito anticipar...

Quinta. Todo o que dixen con anterioridade é merda. Pura cochambre que sae en chorro da miña mente, coma o aspersor do veciño. O que realmente vale é ser espontáneo. Así é como se Vive a Vida.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...