Hoxe mirando o debate da tarde da canle de PRISA, o seu condutor Jose María Calleja anunciaba, para o meu pasmo, que aquel que eu mesmo andaba a mirar ía ser o derradeiro debate, por mor do famoso peche.
Xa que logo, temos que admitir que é unhas das peores novas que poderíamos escoitar en canto á pluralidade informativa no Estado español. Un asasinato en toda a regra á democracia, e unha vítima máis da lei da oferta e da demanda. Mágoa que en moitas ocasións o mercado se equivoque.
Como compría agardar, os medios máis reaccionarios do panorama español non souberon como asimilar tal caramelo que se lles ofertaba. Tal e como recollía nas súas portadas (e sen desemular os seus fachendosos aires de vitoria) o diario Libertad Digital mofábase de Enric Sopena , quen recoñecía que co peche desta canle de noticias ininterrumpidas, "aos progresistas non nos queda nada". E non lle falta razón ao diretor do xornal El Plural.
Eu négome. Négome a relegar de xeito borreguil a ver pseudodebates de ultradereita onde a única discordancia prodúcese para levar ao extremo as reaccionarias posturas de calquer tertuliano. El Gato al Agua, de Intereconomía TV, e outros tantos nas canles de VEO7 e Canal 13, compiten por lavarnos a testa con ideoloxías decimonónicas, que dende agora non terán alternativa outra que Sálvame Deluxe, La ruleta de la suerte ou De buena ley. En fin, que nestes tempos que corren, a neutralidade é algo utópico, e irremediábelmente inalcanzábel. Pero o que non nos poden negar é a pluralidade política, a diversidade de opinións, sexan de esquerda, de dereita ou incluso de posturas extremistas.
O cese de emisión da canle de noticias, porén, non é a única má nova que se nos aveciña. O xornalista Iñaki Gabilondo, que até o de agora participaba activamente na canle informativa, anuncia a súa retirada. Pequena vitoria para o sector da caverna da ultradereita rancia e desaprensiva, que arestora celebra a nova como un paso cara adiante, cando en realidade e todo o contrario, un gran paso cara atrás.
E é que, como di Fernández Toxo, andamos a necesitar máis periodistas como Iñaki Gabilondo, e menos, moitos menos predicadores da fe divina. Que deus (con minúscula e entrecomiñado) nos colla confesados.
O peor é que non só a dereita casposa, rancia e e minoritaria alenta esta estratexia.
ResponderEliminarTamén a dereita máis normalizada (se é que iso pode ser), o centro (amplo centro na política hespañola) e mesmo a pseudoesquerda de antigos partidos procomunistas (ao PSOE) se atopan hoxe orgullosos de que así fose.
Aínda que Polanco levase un puño cunha rosa tatuada na fronte, os puntos de vista críticos dende dentro, como o caso de PRISA, non senta ben a ninguén.
Unha mágoa.