sábado, 22 de enero de 2011

Noras do século vindeiro



Unha illa silenciosa. Unha illa para persoas silandeiras. Un lugar senlleiro, carente de voz.

Anomea sete sentimentos que che veñan á testa. Amor, soidade, ledicia, melancolía, tristeza, nerviosismo, remordimento. Amor sempre a primeira. A orde das demáis tanto ten.

Cando somos cativos somentes cavilamos nos medos escénicos. O temor de atoparse só, nunha rúa deserta de Redondela, ou de Las Palmas de Gran Canaria. Apegámonos á familia primeiro, á pandilla despois, para logo non haber quen de meterennos no cadaleito. Todo é un trámite, pois. Unha nora que sube e baixa eternamente, na que embarcas mozo para desembarcares a cada volta máis vello. E non sei que ten esa nora que na decadente baixada ninguén se lembra da inmensidade da altitude, da lúa chea. Primeiro desengano, primeiro bico, primeira vez.

Temos que comezar a asumir que non todo é tan doado. Que Carrapuchiña Vermella, Cincenta ou a Bela Durminte non existen máis ca nos contos, e que aínda sí, de existiren, non se aliberarían da desgraza.

Nin sequera ti te aliberarás do que semella un agre final.

Teño que falarte de min. Da importancia de min. Da miña forma de pensar. Da miña forma de sentir. Do meu ego. Da miña maxín. As miñas ilusións. O miña esencia. Maldito egocentrismo que me arrodea.

Unha illa baleira. Unha illa para persoas errantes. Un lugar cheo de perlas ensanguentadas. Un lugar máxico, carente de pasado.

jueves, 13 de enero de 2011

Xusto


Xa caeu até a derradeira folla do outono, e en pleno xaneiro ningunha esquivou pois a putrefación. Mais eu non conseguir despendurarme da árbore.

Como din que quen ventos sementa tempestades recolle, eu pido colleitar unha tempestade que me leve ou moi lonxe ou moi perto. Ou moi lonxe.

martes, 11 de enero de 2011

Pechado por reformas lineias



Nunha escala ascendente de linealidade férrida, diría que agora mesmo estou bastante en aceiro. Que que antonte semallaba un código de barras, ás veces negro, as veces branco, hoxe tórnase verde, e tamén se cadra azul. A dicir verdade, tanto ten mentras teña chocolate.
Hai persoas que teñen afán de agardar o seu comboi, e mentres, van machando as mans, deixando pegadas aló por onde pisan. Outras, porén, non son quen de esquecer, e vagan arredor do mesmo psicodélico punto. E un reducido grupo, ademáis, teñen unha forza interior na que confiar. Non me gustan as catalogacións. As etiquetaxes son a excusa dos prexuizos agochados baixo a vaguidade e o odio Pero, ¿tan mao somos? ¿Tanto mal o facemos? Por todas esas razóns. Por moitas máis tamén, hai xente que non é que non mereza ser amada, é que non merece amar. Non merece ter a sorte padecer esa sensación, dese sufrimento que comeza por comer cada un dos recunchos do corpo.

Nunha escala ascendente de linealidade férrida, son o chave de Fa, cada pedra colocada obsesivamente, unha chamada á rebelion, ou contornos na néboa. É raro, é, malia non ser inesperado, é confortable. Transparente. O demo xa petou na miña porta moitas veces, de excitación póstuma. Pobre, ninguén lle dixo que andaba pechado por reformas.


O laranxa combina mellor co dó
A cada pouco ningures gaña forma
tamaño e textura.
É cuestión de funcionalidade.
Teño medo, porque cheiramos a mar
de luns a venres, de unlla a glándula pineal.
Non vou permitir que todo saia mal.




[...] Demasiado frío para un sementador de fabas norteño [...]

lunes, 10 de enero de 2011

Faladoiro

Faladoiro.m. Lugar onde se reúnen persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade. Nos faladoiros políticos coméntase que vai haber unha remodelación do Goberno. s Non ter faladoiro(unha cousa). Ser tan evidente que non merece comentario. –Estes días vai moito frío. –¡Ca!, non ten faladoiro.

Hai uns dias recibíamos a má nova do peche de emisións da canle 24h CNN+. Mais tal como aconteceu co peche de Vieiros ou Chuza, a falta de oferta de TV de calidade obriga aos que procuramos algo máis aló do horizonte pseudoorwelliano non-stop. E o certo é que de casualidade atopeime co programa Faladoiro (CorreoTV, El Correo Gallego). Faladoiro é un lugar para conversar, para discutir, para argumentar. E de xeito extraordinario, sorprendeume gratamente a calidade dos contertulios (aínda que ás veces tamén traian organizacións sen representatividade social, a saber, Galicia Bífida). A súa condutora Susana López, é espontánea, seria, e moi profesional. Malia o descoñecemento desta canle (que nen sequera a tiña sintonizada no TDT) e a súa xuventude, este programa en concreto estanos a dar unha lección de periodismo serio, imparcial e integrador, que pretende dar voz a todas as ideoloxías. Dende hoxe, Faladoiro ten un siareiro máis.

domingo, 9 de enero de 2011

E ben,

E mañán teño un exame importante. E eu a mirar para o teito. E eu a escoitar Yann Tiersen. E eu a danzar pola casa. E eu a facer de todo e máis, agás o que realmente teño que facer. Descansar. Boas noites.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...