sábado, 22 de enero de 2011

Noras do século vindeiro



Unha illa silenciosa. Unha illa para persoas silandeiras. Un lugar senlleiro, carente de voz.

Anomea sete sentimentos que che veñan á testa. Amor, soidade, ledicia, melancolía, tristeza, nerviosismo, remordimento. Amor sempre a primeira. A orde das demáis tanto ten.

Cando somos cativos somentes cavilamos nos medos escénicos. O temor de atoparse só, nunha rúa deserta de Redondela, ou de Las Palmas de Gran Canaria. Apegámonos á familia primeiro, á pandilla despois, para logo non haber quen de meterennos no cadaleito. Todo é un trámite, pois. Unha nora que sube e baixa eternamente, na que embarcas mozo para desembarcares a cada volta máis vello. E non sei que ten esa nora que na decadente baixada ninguén se lembra da inmensidade da altitude, da lúa chea. Primeiro desengano, primeiro bico, primeira vez.

Temos que comezar a asumir que non todo é tan doado. Que Carrapuchiña Vermella, Cincenta ou a Bela Durminte non existen máis ca nos contos, e que aínda sí, de existiren, non se aliberarían da desgraza.

Nin sequera ti te aliberarás do que semella un agre final.

Teño que falarte de min. Da importancia de min. Da miña forma de pensar. Da miña forma de sentir. Do meu ego. Da miña maxín. As miñas ilusións. O miña esencia. Maldito egocentrismo que me arrodea.

Unha illa baleira. Unha illa para persoas errantes. Un lugar cheo de perlas ensanguentadas. Un lugar máxico, carente de pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...