Mostrando entradas con la etiqueta reflexión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reflexión. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de mayo de 2010

Reflexións

Galicia, terra, comunidade autónoma, nación, rexión, territorio político, ou como a queirades chamar, está intimamente ligado ao galego, no senso cultural, no senso en que é a lingua propia e no senso en que os nosos avos e bisavos falaban todos galego, e o castelán foise impoñendo paseniñamente dende o poder até crear diglosia. Até aquí todo o mundo de acordo, quen non o esté que merque un libro de historia.

Entón, é loxico pensar que algúen cuxa língua é a mesma que estivo en Galicia dende o seculo XIII, antes aínda da aparición do castelán (un século antes, para sermos exactos), é mais galego que alguén que fala unha lingua imposta no franquismo, e feita oficial polo mero feito de que Galicia é unha CCAA do Estado español.

Evidentemento non me estou a referir a que teñen menos dereitos, ou son menos galegos ante a lei, as administracións etc (soe ser ao revés). Porén, culturalmente sí son menos galegos. Rexeitan a súa lingua. Véxelles o autoodio dende Barcelona, e ademais teñen a caradura de dicir que son tan gallegos como el gallego EN CASTELÁN. E ese paradoxo resolveria de xeito doado léxicamente. Gal-icia, gal-ego, idioma gal-ego. A léxica non minte. Castell-ano, castill-a, gallego. Aquí hay algo que non cadra.


É curioso ver como renegan do seu, arremeten contra unha parte da súa esencia. Escúdanse na Constitución. Curioso é sen embargo como esquecen as leis cando lles convén. Non lembran o Estatuto, a Lei de Normalización lingüística, a Carta Europea das Linguas asinada polo estado español. Todos estes textos, aprobados por ampla maioria (a LNL por unanimidade PP,PSOE e BNG), só pretenden devolver á normalidade o contesto lingüístico no que estaban as línguas cooficiais antes do Franquismo, etapa na que foron perseguidas, maltratadas, e reducidas á mínima expresión, o que deu lugar a que se deixase de aprender e de falar. As leis son para cumplilas sempre, e non cando convén. E a lei di que hai que defender, promover, dinamizar e normalizar o galego, e que calquer medida que favoreza a esta lingua non poderá ser considerada discriminatoria para a lingua dominante, neste caso o castelán.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...