Faladoiro.m. Lugar onde se reúnen persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade. Nos faladoiros políticos coméntase que vai haber unha remodelación do Goberno. s Non ter faladoiro(unha cousa). Ser tan evidente que non merece comentario. –Estes días vai moito frío. –¡Ca!, non ten faladoiro.
Hai uns dias recibíamos a má nova do peche de emisións da canle 24h CNN+. Mais tal como aconteceu co peche de Vieiros ou Chuza, a falta de oferta de TV de calidade obriga aos que procuramos algo máis aló do horizonte pseudoorwelliano non-stop. E o certo é que de casualidade atopeime co programa Faladoiro (CorreoTV, El Correo Gallego). Faladoiro é un lugar para conversar, para discutir, para argumentar. E de xeito extraordinario, sorprendeume gratamente a calidade dos contertulios (aínda que ás veces tamén traian organizacións sen representatividade social, a saber, Galicia Bífida). A súa condutora Susana López, é espontánea, seria, e moi profesional. Malia o descoñecemento desta canle (que nen sequera a tiña sintonizada no TDT) e a súa xuventude, este programa en concreto estanos a dar unha lección de periodismo serio, imparcial e integrador, que pretende dar voz a todas as ideoloxías. Dende hoxe, Faladoiro ten un siareiro máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario