lunes, 31 de enero de 2011

Habemus oniricum paranoium

Soñaba el ciego que veía, y soñaba lo que quería. Soñaba que podía ver los campos verdes que olía en primavera. Observar los pájaros que cada mañana escuchaba en su ventana. Soñaba con poder pintar hermosos cuadros y pasear por la playa. Contar cada una de las flores del campo, y poner cara a todas y cada una de sus seres queridos. Pero sobre todo, soñaba con ver esos ojos verdes, esas suaves mejillas, ese aterciopelado pelo, y esa mirada de alguien que conspira contigo.


E hoxe, alguén mira á lúa, procurando un pouco de cariño.

viernes, 28 de enero de 2011

Cousas


Cousas que me gustan:


  • Observar á xente cando non saben que o fago

  • Comentar a noite de festa ao dia seguinte cos amigos

  • O zume de laranxa, o chocolate e a empanada.

  • Ducharme durante media hora e coa auga a ferver

  • A música indie.

  • As miradas de complicidade

  • Pasear pola praia no luscofusco.


  • Namorar


Cousas que detesto:


  • Ter que afeitarme de dous en dous días.

  • A palabra “despilfarro”.

  • O cheiro ao fume do tabaco.

  • O whisky, o ovo cocido e as uvas.

  • Non estar non lugar adecuado no intre adecuado.

  • Calquera materia que comece por “Historia de”

  • Madrugar, e que me toquen no embigo.

  • Namorar




jueves, 27 de enero de 2011

Troulas axiais

Et voilà, xa temos o boleto de entrada á Ya-llevo-una-pa'-septiembre's party. E ademáis de custar 7 ouriños, ven de agasallo cun verán ateigado de anatomía do tórax e o abdome. Tanto ten que tivera suspendido por culpa da pirola, que teña que procurar oco entre praia e praia este verán para ollarme o aparello dixestivo, que dereita sexa esquerda, e esquerda dereita, que en troques de lonchas de queixo vexa cortes axiais. O realmente importante, é que hoxe hei ter o meu merecido premio. Unha noite de troula.

miércoles, 26 de enero de 2011

Nota: repasar á base do cráneo.




Se no fondo só é preciso organizáreste, e establecer prioridades. A tomar exemplo Fabianciño.

Por certo, mañán festa "Yallevounapa'septiembre", cun nome adecuadísimo, témome. Veremos que sae diso, aínda que non teño moitas esperanzas de que sexa unha noite memorábel precisamente.



Entendéndoo ben.

martes, 25 de enero de 2011

(Des?)propósitos para o presente.

A diferenza do ano pasado, este actual non fixen balance de todo o ano. Ou, mellor dito, non publiquei o balance de todo o ano. E todo por mor dunha enfermidade que me tivo deitado na cama unha semaniña, e a desgana que elo conlevou. Foi un ano largo, completiño diría eu, no que pasou de todo todiño. Máis adiante, se cadra, sí pendurarei esa despedida do 2010, un ano que por certo foi moi ben agás os seus derradeiros 15 días. Pero iso é xa palla doutro palleiro.

Así e todo, esa fame abstinente de facer propósitos, que dende agora poderíamos denominar co neoloxismo (des)propositing, non ha quedar impune. Velaiquí os meus propósitos até o verán de 2011. Algúns son pouco menos que inminentes, outros cecais utópicos, pero, ¿qué sería dunha lista de propósitos se cumplisemos todos?

  • Traballar este verán. Nas tendas de Don Amancio, ou nunha cafetaría de mala morte. Quero gañar os meus cartiños, sentirme orgulloso deles, e de paso ser un pouco máis independente económicamente.
  • Tirar o carnet de conducir. Que o faga antes ou despois dependerá de moitos factores, todos económicos. Se teño bolsa de estudos, se atopo traballo. Pero quero quitar isto de enriba xa.
  • Se ao finalizar o verán tiver os cartos dabondo, gustaríame mercar unha cámara reflex. Agora que sei fotografía quero poder aplicar os meus coñecementos á praxe, e quizais, por que non, quitar uns diñeiriños extra.
  • Ser (ou tentar ser) menos tímido. Non son o que era nin moito menos. Nunha escala de timidez (1) - extroversión (10) atópome no 5, pero son ambicioso, quero apuntar alto e ser un chisco máis caradura.
  • Ser máis eu mismo. Considero que teño a miña propia personalidade. Así e todo, heime propor ser máis firme nas miñas opinións, e picotear de aquí e alá para evolucionar como persoa.
  • Vestir mellor. Visto ben, que quede claro. Pero sempre se pode mellorar, non si?
  • Comer mellor e, como di Karlos Arguiñano, con fundamento. Abonda xa de merdas, pasta, arroz con polo, comidas precociñadas, ensaladas básicas, bocatas de atún e pizzas do bonpreu. Mañán fago lentellas, receita caseira.
  • Facer máis deporte. Xa levo unha boa xeira de ir á piscina, e cada vez nótome máis en forma. Agardemos manter a liña ascendente, ou ao menos que non decaia.
  • Ter máis confianza en min mesmo. Valorarme máis, non culparme sempre de todo o malo que me pase, ver a vida con máis optimismo, e decatarme dunha vez que nin todo é tan malo, nin ten por que permanecer así por sempre.
  • Levar os apuntamentos, as clases, os seminarios e as practicas ao día. Cada día facer un pouquiño, para polo menos aprobar todas en xuño. E se tiro un excelente, pois mellor que mellor.
  • Facer unha viaxe: London, Bruxelles, Crakovia, Dublin, ou Villajoyosa del Camino, tanto ten.


Voilá os meus (des)propósitos. Seguro que algún escápaseme. Tamén de seguro non cumplirei nin a metade. Permítense apostas de cantos son cumpridos.


Un biquiño, e ide pola sombra.

sábado, 22 de enero de 2011

Noras do século vindeiro



Unha illa silenciosa. Unha illa para persoas silandeiras. Un lugar senlleiro, carente de voz.

Anomea sete sentimentos que che veñan á testa. Amor, soidade, ledicia, melancolía, tristeza, nerviosismo, remordimento. Amor sempre a primeira. A orde das demáis tanto ten.

Cando somos cativos somentes cavilamos nos medos escénicos. O temor de atoparse só, nunha rúa deserta de Redondela, ou de Las Palmas de Gran Canaria. Apegámonos á familia primeiro, á pandilla despois, para logo non haber quen de meterennos no cadaleito. Todo é un trámite, pois. Unha nora que sube e baixa eternamente, na que embarcas mozo para desembarcares a cada volta máis vello. E non sei que ten esa nora que na decadente baixada ninguén se lembra da inmensidade da altitude, da lúa chea. Primeiro desengano, primeiro bico, primeira vez.

Temos que comezar a asumir que non todo é tan doado. Que Carrapuchiña Vermella, Cincenta ou a Bela Durminte non existen máis ca nos contos, e que aínda sí, de existiren, non se aliberarían da desgraza.

Nin sequera ti te aliberarás do que semella un agre final.

Teño que falarte de min. Da importancia de min. Da miña forma de pensar. Da miña forma de sentir. Do meu ego. Da miña maxín. As miñas ilusións. O miña esencia. Maldito egocentrismo que me arrodea.

Unha illa baleira. Unha illa para persoas errantes. Un lugar cheo de perlas ensanguentadas. Un lugar máxico, carente de pasado.

jueves, 13 de enero de 2011

Xusto


Xa caeu até a derradeira folla do outono, e en pleno xaneiro ningunha esquivou pois a putrefación. Mais eu non conseguir despendurarme da árbore.

Como din que quen ventos sementa tempestades recolle, eu pido colleitar unha tempestade que me leve ou moi lonxe ou moi perto. Ou moi lonxe.

martes, 11 de enero de 2011

Pechado por reformas lineias



Nunha escala ascendente de linealidade férrida, diría que agora mesmo estou bastante en aceiro. Que que antonte semallaba un código de barras, ás veces negro, as veces branco, hoxe tórnase verde, e tamén se cadra azul. A dicir verdade, tanto ten mentras teña chocolate.
Hai persoas que teñen afán de agardar o seu comboi, e mentres, van machando as mans, deixando pegadas aló por onde pisan. Outras, porén, non son quen de esquecer, e vagan arredor do mesmo psicodélico punto. E un reducido grupo, ademáis, teñen unha forza interior na que confiar. Non me gustan as catalogacións. As etiquetaxes son a excusa dos prexuizos agochados baixo a vaguidade e o odio Pero, ¿tan mao somos? ¿Tanto mal o facemos? Por todas esas razóns. Por moitas máis tamén, hai xente que non é que non mereza ser amada, é que non merece amar. Non merece ter a sorte padecer esa sensación, dese sufrimento que comeza por comer cada un dos recunchos do corpo.

Nunha escala ascendente de linealidade férrida, son o chave de Fa, cada pedra colocada obsesivamente, unha chamada á rebelion, ou contornos na néboa. É raro, é, malia non ser inesperado, é confortable. Transparente. O demo xa petou na miña porta moitas veces, de excitación póstuma. Pobre, ninguén lle dixo que andaba pechado por reformas.


O laranxa combina mellor co dó
A cada pouco ningures gaña forma
tamaño e textura.
É cuestión de funcionalidade.
Teño medo, porque cheiramos a mar
de luns a venres, de unlla a glándula pineal.
Non vou permitir que todo saia mal.




[...] Demasiado frío para un sementador de fabas norteño [...]

lunes, 10 de enero de 2011

Faladoiro

Faladoiro.m. Lugar onde se reúnen persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade. Nos faladoiros políticos coméntase que vai haber unha remodelación do Goberno. s Non ter faladoiro(unha cousa). Ser tan evidente que non merece comentario. –Estes días vai moito frío. –¡Ca!, non ten faladoiro.

Hai uns dias recibíamos a má nova do peche de emisións da canle 24h CNN+. Mais tal como aconteceu co peche de Vieiros ou Chuza, a falta de oferta de TV de calidade obriga aos que procuramos algo máis aló do horizonte pseudoorwelliano non-stop. E o certo é que de casualidade atopeime co programa Faladoiro (CorreoTV, El Correo Gallego). Faladoiro é un lugar para conversar, para discutir, para argumentar. E de xeito extraordinario, sorprendeume gratamente a calidade dos contertulios (aínda que ás veces tamén traian organizacións sen representatividade social, a saber, Galicia Bífida). A súa condutora Susana López, é espontánea, seria, e moi profesional. Malia o descoñecemento desta canle (que nen sequera a tiña sintonizada no TDT) e a súa xuventude, este programa en concreto estanos a dar unha lección de periodismo serio, imparcial e integrador, que pretende dar voz a todas as ideoloxías. Dende hoxe, Faladoiro ten un siareiro máis.

domingo, 9 de enero de 2011

E ben,

E mañán teño un exame importante. E eu a mirar para o teito. E eu a escoitar Yann Tiersen. E eu a danzar pola casa. E eu a facer de todo e máis, agás o que realmente teño que facer. Descansar. Boas noites.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...