sábado, 25 de diciembre de 2010

Tranquila muller

Tranquila muller. Non cumpras coidado por un cravo ferroso. Non te amoles por un refugallo oxidado e torto. Non te ofusques, que cravos haiche moitos: grandes, pequenos, gordos e fracos, longos e curtos, largos ou finos, e, malia que non des creto, até de aceiro inoxidábel. E ademáis, atópanse por calquer recuncho. Mentres non cho craves no pé ao camiñares, ou cho craven no corazón, todo ha de estar ben.


Rosalía estaba triste cando elaborou o seu poemiña eterno. Non caduca, porque non hai tema máis universal que o amor, e o desengano que conleva. Así e todo, so has de agardar miña parrula. Só tes que esperar. E até entón, podes, por exemplo... ¡bailar!


* Por certo, bo nadal

domingo, 19 de diciembre de 2010

A conquista do nacionalcatolicismo: un paso atrás.



Hay unhas semanas anunciouse dende o grupo PRISA que, por mor da fusión con Telecinco, deixeríase de emitir a canle CNN+. Moitos tiveron sido os rumores dende aquela, e eu, nun dos meus afagos máis altos pola responsabilidade, adiqueime a ollar como telespectador os debates da tarde de CNN+. Hei de confesar que me aconteceu igual que cando morreu Mario Benedetti, até o seu falecemento non comecei a desfrutar da súa poesía. Porque o certo é que, aínda a inexorabilidade de sobra coñecida da desaparición da CNN+, todos conservabamos (para aumentar a ironía) a esperanza de se mantiver.

Hoxe mirando o debate da tarde da canle de PRISA, o seu condutor Jose María Calleja anunciaba, para o meu pasmo, que aquel que eu mesmo andaba a mirar ía ser o derradeiro debate, por mor do famoso peche.

Xa que logo, temos que admitir que é unhas das peores novas que poderíamos escoitar en canto á pluralidade informativa no Estado español. Un asasinato en toda a regra á democracia, e unha vítima máis da lei da oferta e da demanda. Mágoa que en moitas ocasións o mercado se equivoque.

Como compría agardar, os medios máis reaccionarios do panorama español non souberon como asimilar tal caramelo que se lles ofertaba. Tal e como recollía nas súas portadas (e sen desemular os seus fachendosos aires de vitoria) o diario Libertad Digital mofábase de Enric Sopena , quen recoñecía que co peche desta canle de noticias ininterrumpidas, "aos progresistas non nos queda nada". E non lle falta razón ao diretor do xornal El Plural.

Eu négome. Négome a relegar de xeito borreguil a ver pseudodebates de ultradereita onde a única discordancia prodúcese para levar ao extremo as reaccionarias posturas de calquer tertuliano. El Gato al Agua, de Intereconomía TV, e outros tantos nas canles de VEO7 e Canal 13, compiten por lavarnos a testa con ideoloxías decimonónicas, que dende agora non terán alternativa outra que Sálvame Deluxe, La ruleta de la suerte ou De buena ley. En fin, que nestes tempos que corren, a neutralidade é algo utópico, e irremediábelmente inalcanzábel. Pero o que non nos poden negar é a pluralidade política, a diversidade de opinións, sexan de esquerda, de dereita ou incluso de posturas extremistas.

O cese de emisión da canle de noticias, porén, non é a única má nova que se nos aveciña. O xornalista Iñaki Gabilondo, que até o de agora participaba activamente na canle informativa, anuncia a súa retirada. Pequena vitoria para o sector da caverna da ultradereita rancia e desaprensiva, que arestora celebra a nova como un paso cara adiante, cando en realidade e todo o contrario, un gran paso cara atrás.

E é que, como di Fernández Toxo, andamos a necesitar máis periodistas como Iñaki Gabilondo, e menos, moitos menos predicadores da fe divina. Que deus (con minúscula e entrecomiñado) nos colla confesados.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Try again


É arte. Arte acérrima e hipócrita e de boa mañán. É a favor de corrente, pero dese xeito tamén costa, ser meticuloso, non deixar de mirar pola rúa. Cómpre ser pouco convencional, para variar.

Proporeime aprender a estruturar isto, e de paso baixar o volume do Spotify. Proporeime deixar de ser de ben. Cuadriculadamente desaprensivo como as rúas de Barcelona, elipsoidalemente cínico e inmensamente fillo da puta coma o Atlántico. Iso serei e non é unha declaración de intencións, é un sentimento facticio, provocado e intransixentemente inminente.

Abúrreme todo isto. E non o aturo máis, quero vivir entre cristaleiras. Interrumpo.
Quero volver á praia, sentir as ondas e ter o meu lugar de reflexión. Quero frío, pero no este frío de merda. Quero un frio de verdade, que cale ós ósos, que chegue até a lúa.

En fin, son moitos os xeitos de resumir un sentimento, e que se poden sintetizar en "estou farto de tanta arte e tanta hipocrisía". Eu nunca serei así. E se non comprendedes, que vos fodan, que eu non teño a culpa.


Un MIAU moi agarimoso para que lea isto.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...