Nunha escala ascendente de linealidade férrida, diría que agora mesmo estou bastante en aceiro. Que que antonte semallaba un código de barras, ás veces negro, as veces branco, hoxe tórnase verde, e tamén se cadra azul. A dicir verdade, tanto ten mentras teña chocolate.
Hai persoas que teñen afán de agardar o seu comboi, e mentres, van machando as mans, deixando pegadas aló por onde pisan. Outras, porén, non son quen de esquecer, e vagan arredor do mesmo psicodélico punto. E un reducido grupo, ademáis, teñen unha forza interior na que confiar. Non me gustan as catalogacións. As etiquetaxes son a excusa dos prexuizos agochados baixo a vaguidade e o odio Pero, ¿tan mao somos? ¿Tanto mal o facemos? Por todas esas razóns. Por moitas máis tamén, hai xente que non é que non mereza ser amada, é que non merece amar. Non merece ter a sorte padecer esa sensación, dese sufrimento que comeza por comer cada un dos recunchos do corpo.
Nunha escala ascendente de linealidade férrida, son o chave de Fa, cada pedra colocada obsesivamente, unha chamada á rebelion, ou contornos na néboa. É raro, é, malia non ser inesperado, é confortable. Transparente. O demo xa petou na miña porta moitas veces, de excitación póstuma. Pobre, ninguén lle dixo que andaba pechado por reformas.
O laranxa combina mellor co dóA cada pouco ningures gaña formatamaño e textura.É cuestión de funcionalidade.Teño medo, porque cheiramos a marde luns a venres, de unlla a glándula pineal.Non vou permitir que todo saia mal.
[...] Demasiado frío para un sementador de fabas norteño [...]
No hay comentarios:
Publicar un comentario