martes, 28 de abril de 2009

Copenhague

Deixarse levar soa ben. O círculo non cadra. O cadrado circula por Copenhague. As gaivotas no porto, mariñeiros en Capri. Peixes veñen de lonxe, surcando o océano. De onde verrán?. Foise, non sabía estar. O ciclo de conferencias era o medo a chegar, e non teño valor para marchar. E a corrente levábame, mais non me amosaba o camiño. O medo ao fracaso, fai que chova, que chova dentro de min, que as raiolas de sol non veñan, e fuxan. Un intre con Coca-cola, trazará a fronteira entre sempre e endexamais. Agora ou xamais. Sí, o de deixarse levar soa ben. É coma un xogo de azar, non sabes onde has terminar, ou comezar...

Basado e dedicado a Vetusta Morla

lunes, 20 de abril de 2009

I hear Jerusalem bells

Moitas son as cousas que te fan feliz e moitas son as cousas que en cuestións de segundos fanche cambiar de estado sen tempo nin sequera a pestanexar. Primeira reflexión parva á que non vos aconsello que lle fagades moito caso.
Ás veces os clichés deixan de selo, e aínda quizaibes estea ben, persoalmente teño que dicir que non me agradan. O malo non me resulta tan malo se xa sei con anterioridade da súa nocividade. O malo por sorpresa aterrorízame. A segunda velaquí veu.
Terceira. Non pretendades conseguir nun día o voso obxectivo. É como se dixese que non sodes quen de acadar o carnet de conducir nun par de prácticas ou poñervos morenos nunha soa desas intensivas tardes ao sol. Mais semella que eu non son o máis indicado para dar consello (por iso da imbecilidade das miñas reflexións). Eu sería dos que pretenderían vencer Troia nun día. Empregaría bombas nucleares en troques de catapultas, e fusís de asalto en lugar de espadas. A impaciencia é algo característico dos adolescentes. Quéroo aquí e agora! Por que eu ía ser diferente aos demais? Poque ía ser eu especial? Porque ía a non ter ese comportamento híbrido entre adulto e neno que nos caracteriza. En efecto, son neno ou adulto segundo para o que me conveña. Como hoxe, que non fun a ningunha clase. O meu eu tiña cousas importantes dabondo que facer.

Cuarta. Hoxe esfumouse unha oportunidade. Pero o bo de todo isto e que polo de agora as oportunidades son ilimitadas. Mañán terei outra. E con sorte tamén pasado mañán.Pero iso... Iso xa é moito anticipar...

Quinta. Todo o que dixen con anterioridade é merda. Pura cochambre que sae en chorro da miña mente, coma o aspersor do veciño. O que realmente vale é ser espontáneo. Así é como se Vive a Vida.


domingo, 19 de abril de 2009

Tarde de domingo rara

Nin hay fútbol (o Celta e o Barça xogaron onte), nin hay saída cos amigos. Hoxe é deses días que toca quedar na casa e non facer nada. Simplemente agardar. Como aquel día na porta do pub. Púxenme a agardar. Por alguen? Que va! Máis ben por ninguén. Pero debe se-lo costumo de sempre ter que agardar, agardar polos amigos, agardar pola finde, agardar polas vacacións, agardar a que por fín a sorte me bote un dos seus sorrisos. O máis curioso e que sabía que ninguén ía a vir. Sabía que andaba a agardar pola nada.

Hoxe á tarde, descanso.
Hoxe á noite, humor.
Mañá pola mañá, bo espertar.
E despois, xa se verá, pero ante todo, paciencia signorino, paciencia.

sábado, 18 de abril de 2009

Comezo no meu recuncho


Vagalumes. Que coñecemos deles? Eu, persoalmente non tiven a oportunidade, mais nalgures se atopan. Vaga-lume, luciérnaga, din nalgures. Coleópteros chámanlle os entendidos. Que máis da como se chamen. Estes marabillosos animais non necesitan dunha farola na rúa, dun fluorescente ou do simple día. Eles son quen de alumear na mais profunda escuridade, ainda que no ceo non escindile nin unha maldita estrela, nin ainda que a remilgada e malvada lúa non lle dera a gana de saír esa noite. Non, simplemente co seu diminuto corpo élles dabondo para brilar. E polo tanto non podo ter outro sentimento hacia elas (aparte do abraio) que a pura e chabacana envexa. Porque eu tamén quero brilar con luz propia. Quero ser un kit kat no dia mais merdento, quero ser aquel oasis no Sahara. Chamádesme iluso? Quizais. Porén sigo a ser prudente, que niso teño matrícula.

Invádeme unha extraña sensación. Non podo concentrarme. Como diría a miña avoa, "ti rapás estás parvo ou que!" E non é pola primavera. Nin tampouco polo tempo. A dicir verdade non é algo externo, é algo que depende de min. Pode parecer que iso quédase nalgo superficial. Mais non, semella mais un cambio de actitude ante a vida ca un feito illado. Sinto que perdín a vergoña, o medo, e atrévome a dicir que noutras circunstancias non faría o mesmo. Pero non amiguiño non, agora non, not in my home. A primeira vez que teño ganas de que chegue o luns. Matádeme, si, pero non me chamedes iluso, que aínda que hay quen lle chama desa forma, eu prefiro chamarlle meta. E vou conseguila, custe o que custe. Esa e a miña realidade.











E non falo dos estudos...


Puede ser que mañana esconda mi voz por hacerlo a mi manera. Hay tanto idiota ahí fuera...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...