lunes, 20 de abril de 2009

I hear Jerusalem bells

Moitas son as cousas que te fan feliz e moitas son as cousas que en cuestións de segundos fanche cambiar de estado sen tempo nin sequera a pestanexar. Primeira reflexión parva á que non vos aconsello que lle fagades moito caso.
Ás veces os clichés deixan de selo, e aínda quizaibes estea ben, persoalmente teño que dicir que non me agradan. O malo non me resulta tan malo se xa sei con anterioridade da súa nocividade. O malo por sorpresa aterrorízame. A segunda velaquí veu.
Terceira. Non pretendades conseguir nun día o voso obxectivo. É como se dixese que non sodes quen de acadar o carnet de conducir nun par de prácticas ou poñervos morenos nunha soa desas intensivas tardes ao sol. Mais semella que eu non son o máis indicado para dar consello (por iso da imbecilidade das miñas reflexións). Eu sería dos que pretenderían vencer Troia nun día. Empregaría bombas nucleares en troques de catapultas, e fusís de asalto en lugar de espadas. A impaciencia é algo característico dos adolescentes. Quéroo aquí e agora! Por que eu ía ser diferente aos demais? Poque ía ser eu especial? Porque ía a non ter ese comportamento híbrido entre adulto e neno que nos caracteriza. En efecto, son neno ou adulto segundo para o que me conveña. Como hoxe, que non fun a ningunha clase. O meu eu tiña cousas importantes dabondo que facer.

Cuarta. Hoxe esfumouse unha oportunidade. Pero o bo de todo isto e que polo de agora as oportunidades son ilimitadas. Mañán terei outra. E con sorte tamén pasado mañán.Pero iso... Iso xa é moito anticipar...

Quinta. Todo o que dixen con anterioridade é merda. Pura cochambre que sae en chorro da miña mente, coma o aspersor do veciño. O que realmente vale é ser espontáneo. Así é como se Vive a Vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...