O wifi windgurú fudju-suh!- dixo o cabalo dourado.
Mágoa que só o escoitara un verme que ía pola póla. Pola póla con présa. Non quería ser presa do xílgaro azul, sí, ese que todos pensades, o que escoita a Vetusta Morla.
martes, 16 de marzo de 2010
lunes, 15 de marzo de 2010
Previsións meteorolóxicas
Previsións meteorolóxicas. É curioso como nos gusta ver asexantes o tempo que fará nos próximos días. Tranquilízanos, é un xeito de dicir "acouga neno, que todo está baixo control". Quen fora can. Porén, ás veces penso que é mellor mirar atrás. Relamernos cal gato famento como aquel que di que espera do mañán o mesmo ca doutrora.
Outra cousa que nos adoita agradar é mirarmos cara ás estrelas. Inmensas, espalladas e, sobre todo, lonxanas: sentirse coma "O Principiño". Todos temos dereito a ter amigos. Quen non os ten, é un desgraciado.
Outra cousa que nos adoita agradar é mirarmos cara ás estrelas. Inmensas, espalladas e, sobre todo, lonxanas: sentirse coma "O Principiño". Todos temos dereito a ter amigos. Quen non os ten, é un desgraciado.
domingo, 14 de marzo de 2010
Yeah yeah yeah!
Colle un cacho de papel e escribe un desexo. Non é preciso que sexa un desexo profundo ou a longo prazo, e ata podes ser egoista ou materialista. As figuras de parrulo son as máis recorrentes, mais o desexo sempre dentro. ¿Do corazón? Ou do papel, tanto ten. O único requisito necesario e que pelexes para acandar o teu desexo. O fin non xustifica os medios, por suposto. E mira que en medios hai moita xente experta, mais diso hai moito que falar, ha ser mellor deixalo para outra vez.
Contrólate a ti mesmo. Colle somentes o que precises. Debe ser que porque a sombra á que nos arrimamos escollémola nós, polo que berro "yeah yeah yeah!". Coma todo. Claro que énos moito máis doado botarlle ás culpas ao destino, sen pensarmos na nosa capacidade racional para elixir. Facémoslle ás beiras á hipocresía. ¿Qué camisa has poñer hoxe? Dígocho para que non coincidamos, o volume das nosas preocupacións incide na nosa pel, e no noso senso. Camisa de forza busca amante das bolboretas para ser encantado. E así, pasan os días, ata que chega San Xoán, e saltamos por riba da fogueira, e queimamos as penas, e recollemos as cinzas, que son a esperanza. Agardando polo amencer, só falta a música de fondo, coma nas películas. E é que no fondo a vida é un filme, no que o protagonista é alguen que non é nós. Así que non queda outra que pórse o interruptor na cabeza con cinta illante e facerlle fronte ao mundo. Que xa é tempo pórnos á altura.

Etiquetas:
control yourself,
egoísta,
MGMT,
protagonista,
reflexion
miércoles, 23 de diciembre de 2009
Year rewind
Xaneiro novo
Febreiro mimoso
Marzo baleiro
Abril colorido (e biolóxico)
Maio bonito (e longo)
Xuño chuvioso
Xullo expectante
Agosto morleño (e irrepetíbel)
Setembro barcelonés
Outubro asexante (e enfermeiro)
Novembro doce
Decembro frío (e precioso)
Febreiro mimoso
Marzo baleiro
Abril colorido (e biolóxico)
Maio bonito (e longo)
Xuño chuvioso
Xullo expectante
Agosto morleño (e irrepetíbel)
Setembro barcelonés
Outubro asexante (e enfermeiro)
Novembro doce
Decembro frío (e precioso)
Está a piques de rematar que posíbelmente foi un dos mellores anos da miña vida. Porque dentro do malo, o balance é positivo. Sí rapaces, toca facer balance. Balance dun ano precioso, onde os cambios que houbo na miña vida foron enormes: persoalmente, socialemente, a nivel de estudos...
Sempre recordarei 2009 por ser o ano no que vin en concerto á grande Gertrudis, o Tom (Keane) ou ao xenial Chris Martin. O ano no que coñecín a noite santiaguesa, con tódolos seus máis (que non os cambio por nada) e tódolos seus menos. A noria, a catedral, a Plaza Roja as casas no medio da cidade... Realmente fascinante. O ano de Darwin, o ano de meu verán noxento, mais encantador á vez. Ay canto chorei, e ay canto de feliz son arestora.
Profundicemos nese verán. Véñenme á testa moitos recordos. Lémbrome da festa da auga, de Vetusta, do Entroido de verán, da praia, do parque acuático. Bos recordos, ¿non sí? Que curioso é que sempre nos entra a saudade de momentos que cando sucederon non te decatabas de que fosen tan bos.
Chegou setembro... Barcelona, tan cosmopolita ela. Até a ese momento sentinme coma se nunca estivera en Europa. E abrín os ollos, e vin o mundo con máis optimismo. Enamoreime da cidade. Non está mal para vivirmos un aniño, ¿non si?
Logo veu a esperanza, e a decepción, e a esperanza, e a decepción... Mais menos mal que a esperanza tivo algo que esperar. E por primeira vez na miña vida acando o que quero.
Comezaba o proxecto da miña vida. E estáa a ser. Nova xente, marabillosa, xenial. Por suposto a "de sempre" vai comigo nun baul cuxa chave gardo sempre para min. Pero a verdade é que necesitaba dun cambio, e saír estame devolvendo a ilusión.
É por iso que neste ano non me arrepinto de nada. De forxar a miña personalidade, de tolear cando cómpre, e de sincerarme coas persoas que quero e que me aprecian.
Xa que logo, pois, rematamos ben o ano: avante en popa cara o 2010, que xa teño gañas de gastalo, de vivilo, de probar as súas experiencias. Só hai que apurar un pouquiño máis este, que as derradeiras pingas de zume son as máis ricas.
Etiquetas:
2009,
ano,
balance,
cambios,
fin de ano
miércoles, 26 de agosto de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)