viernes, 18 de junio de 2010

O día E de Estafa




Hai uns días tiven constancia dunha a priori boa iniciativa do Instituto Cervantes. Esta consistía en votar e propor na rede, concretamente na páxina de dito ente, unha serie de palabras do idioma castelán, como unha das moitas iniciativas para celebrar o día do español. Logo de proceder a unha serie de votacións, na que calquer internauta podía participar, estableceríase un ranking coas palabras máis votadas polos usuarios da internet, e esa mesma palabra tería que ser defendida no denominado Día E polo rei Juan Carlos. Ademais, serían organizados actos por todo o Estado co rei defendendo esta palabra.

A nova vén cando unha das palabras propostas foi a palabra República. Habería de ser moi gracioso que o fose a propia antítese da República quen tiver que defendela, quen tiver que defender algo que vai contra a súa esencia.

Pois ben, resulta que esa palabra está entre as máis votadas. A última constancia do ranking foi que dita palabra atopábase na segunda posición a uns mil votos da primeira. Digo atopábase porque a páxina web foi censurada. Dende hai varios días, a palabra República pasou a converterse nunha das palabras máis votadas nun tempo récord e cun crecemento exponencial que, sen dúbida algunha, levaría á converter na palabra gañadora. Ao se decataren do auxe da palabra e das posibles consecuencias diso, o Instituto Cervantes decidiu suspender temporalmente as votacións na súa web por mor duns "problemas internos". O que vén querendo dicir que pretenden suspender ou amañar a votación para que non gañe a palabra que debería gañar, e aforrarlle pasar un mal rato ao rei.

Como opinión persoal hei dicir que paréceme vergoñento totalmente. Cando se propoñen iniciativas deste tipo, hase de ter constancia das posibles consecuencias e por tanto ser consecuente. Este mesmo sistema de votacións, por exemplo, foi o que levou a Chikilicuatre a Eurovisión. Fíxose entón tongo? Non. É por iso que o Instituto Cervantes, unha vez máis, gáñase o total descrédito.

3 comentarios:

  1. Se non me credes mirade:

    http://www.eldiae.es/clasificacion

    ResponderEliminar
  2. Jo, es bastante patético, la verdad.

    Me imagino al Rey Juan Carlos hablando sobre la palabra en cuestión jajajajajaja

    Pablo Mauser

    ResponderEliminar
  3. http://www.tuenti.com/#m=Photo&func=view_photo&collection_key=12-1_16_61587670-16-679403038-67765931-1276523631

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...