sábado, 13 de junio de 2009

As tu déjà aimé?

¿Algunha vez tiveches amado
pola beleza do xesto?
¿Algunha vez tiveches mordido
a mazá con tódolos teus dentes?
¿Polo sabor da froita,
a súa dozura e o seu gusto, perdécheste ás veces?
Sí, eu tiven amado,
pola beleza do xesto,
mais a mazá estaba ben dura
e danei os dentes.
Esas paixóns inmaduras,
eses amores indixestos,
tivéronme amolado.

Mais, os amores duradeiros,
deixan esgotados aos amantes;
os seus bicos, demasiado maduros,
empobrecen as nosas linguas.

Os amores pasaxeiros
posúen tales febres inútiles;
os seus bicos, demasiado inmaduros,
amolan os nosos beizos.

Porque, ao querermos amar
pola beleza do xesto,
o verme da mazá,
escorrega entre os nosos dentes,
aliméntase do noso corazón,
do noso cerebro e do resto,
baleirándonos paseniñamente.

Mais cando ousamos amar,
pola pura beleza do xesto,
ese verme da mazá
que escorrega polos nosos dentes
tócanos o corazón e o cerebro
penetrando o seu perfume até o noso fondo

Os amores pasaxeiros
fan esforzos vans;
os seus aloumiños efímeros
fatigan o noso corpo.

Os amores que duran
Fan aos amantes menos belos
os seus aloumiños, o desgaste
envilecen a nosa pel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...