Recapitulemos.
Coido que teño cousas que facer mañán. Tamén coido que lle perdín o pouco respecto que lle tiña ao meu benqueridísimo espertador. A miña conduta básicamente mudou de ir retrasándoo de cinco en cinco minutos, a desconectalo directamente. Así non hai quen se erga, evidentemente, e a menos que teña algún compromiso oficial, véxase universidade, quedo na cama até que as costas non poden máis. As cousas oficiosas son outra cousa. Son máis... Bah, tanto ten. E por máis que mo repita histriónicamente na miña testa, non termino de tomar en serio estas cousas.
O caso é que mañán teño unha grande morea de cousas oficiosas das que me ocupar, todas elas moi aburridas para relatar. Pode que vaia a cheirar á biblioteca para matar ese aburrimento. Mercar o xornal. un croissantciño e darme tempo a reflexionar, e darme conta sequera da ironía da frase anterior.
Así que mañán será oficialmente (inexorables ironías aparte) o Día das Cousas Oficiosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario