Calquer día é bo para lle demostrares o amor á túa parella. De verdade, non cómpre acudir aos tópicos máis tópicos de entre todos os tópicos. A orixinalidade abonda (malia que non abunda), xa que logo eu non me sentiría especial se algúen, polo simple feito de llo impor socialmente, me faga algún agasallo coa etiqueta impositivo moral no reverso. Calquer día é bo para estar namorar ou deixar de facelo. E máis para un ateo coma min.
domingo, 13 de febrero de 2011
Dia Europeo da Saude Sexual
Tampouco comporta tanta calamitosidade posicionarse contra dunha tradición anglosaxona, que aos poucos vai coméndolle o territorio ás nosas. Samáin, O Apalpador... Mais o certo que que San Valentín está de moda. E esta borralla corteinglesista eclipsa todo o demáis, e xa ninguén se lembra, por exemplo, de que hoxe é tamén o Día Europeo de Concienciación da Saúde Sexual e Reprodutiva. Ninguén se lembra dos milleiros de embarazos non desexados, das mañás dos domingos nos centro de planificación familiar. Ninguén se lembra que hai persoas que aínda non teñen acceso á medicación contra a SIDA. Ninguén recorda os casos de violencia machista. Aquí o único que importa é vender e vender máis merdas, alimentar o consumismo exhacerbado, e encher o peto de esterco.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario