jueves, 2 de septiembre de 2010

Un nadal atípico



Sempre quere sabelo todo. Saber con quén ando, a qué hora chego á casa, ou mesmo qué é o que como. Non lle boto a ela toda a culpa, que ben sei que ademais dese compoñente xenético maternal, Felisa sempre ha der ter na súa testiña de nai de lareira o que lle aconteceu ao neto de Pétrea a do Lombo. Sí, ese que acabou obtendo un máster en vivir baixo de pontes, coa única compaña ca do haxís.

Sempre quere sabelo todo e a min agóbiame. Ao mellor é por iso polo que marchei a estudar fóra. E até certo punto, tanta dedicación bótase de menos. Terei síndrome de Estocolmo? Todas estas cavilacións andaban a chimpar polos meus lóbulos cerebrais ao mesmo tempo que o son dos Artic Monkeys golpeaban con forza a miña membrana timpánica. “Para que vexas que podemos facer máis dunha cousa ao mesmo tempo” –pensei para min imaxinándome diante da Sabela e espetándolle na cara as súas flamantes teorías. Co éxtase de chegar ao clímax da canción, non me decatei de que estaba a meter roupa suxa na maleta. E é que eu sempre fun de orgasmos musicais. Orgasmos que, por outra banda, non son ben asimilados polo meu veciño de abaixo, que outra vez andaba a chamar ao timbre. Foi ese o intre no que dedicín por ao máximo o volume dos meus altofalantes. Comezaba a evadirme…

O que aconteceu despois non teño palabras para describilo. O son dos baixos e das guitarras deu paso a un son suave e ledo. Os teloneiros deixaron paso ao apracible saltar dun cervo entre a neve. Era unha melodía embaucadora e harmónica, e podo afirmar que endexamais escoitara unha panxoliña tan fermosa. Non podía deixar de escoitala, e nin sequera me plantexei cómo apareceu no meu iPod. Tanto tiña, pechei os ollos e deixeime levar polo seu hipnótico compás.

[...]

Polo famento que estaba, e polo xeito en que a miña barba comezaba a picar, deducín que levaba a lo menos oito horas na cama, deitado, escoitando a mesma combinación de flautas e violíns.

Quixen entón deixar de escoitalo, e apaguei o reprodutor. Mais a panxoliña non parou de soar. Era a TV? Vaites, non lembraba deixala acendida. Apagueina tamén. Estaba xa preparado para uns momentos de paz e tranquilidade, mais non foi así. O son ainda perturbaba os meus oídos. Non só a escoitaba, tamén a sentía, podía palpala, podía sentir o seu sabor agre. E dábame noxo. Non podía aturar máis aquilo, odieina con todas as miñas forzas. Sentía a imperiosa necesidade de desafogar toda a miña angustia, o meu eu asexaba espectante poder descargar toda aquela tensión interior. Asomeu ao balcón. A música non cesaba. As rúas estaban inmersas nunha harmonía nadaleira. A xente, continuaba co vagar das compras de Nadal e a ninguén semellaba importarlle que nos altofalantes da rúa soase sempre a mesma canción, a mesma puta panxoliña, unha vez tras outra, cal sempiterna agonía.

Volvín ao piso ao sentir que petaban á porta. Media ducia de nenos agardaban preparados con instrumentos na porta. Esa panxoliña outra vez non! Abrín a porta e zoupeille ao primeiro cativo co que me crucei. Logo volvín a entrar na casa ignorando a sinfonía de berros cheos de terror. Sequera reparei no neno ao que lle metera a labazada, que aínda había de seguír no chan, chorando.

Só puiden entón, resignado, pecharme no meu cuarto coa esperanza de que este inferno rematase. Fixen unha bóla e agardei a durmir.

[...]

Sete da mañán. Soa o espertador. Podes sentir a melodía?



“Que pasedes un bo Nadal cheo de hipocresía e falsedade”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...