martes, 7 de septiembre de 2010
Extrapermeábel
Houbo un tempo no que non pasaba nada na túa vida. Eras feliz ao teu xeito, porque nada acontecía que rompese esa cotianidade. Atopábaste cómodo nesa alfándega na que pasar desapercibido, nesa bóla de cristal, fráxil. Mais dende hai un tempo semella que algo cambiou, que mudou paseniñamente até acadar o feito de que tí es o protagonista desta filme independente. Como bo filme que se prece, cada día está a pasar unha cousa nova, apaixoante e inesperada. De sócato todo acontece acelerado, ao contrario que no cine francés. Seica din que agora comeza a diversión. E ata temos banda sonora e todo. Queixaraste eh?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario