(mente)Meridional(mente) Parte I
Abondou a sixilosidade dos seus versos
Facturada na máis esixente
Das divagacións
Para entrar na miña maxín
Chegou cun érmedo axóuxere
E unha cálida aperta
Para desencadear o ceibar de
Epinefrina con chaleco negro
Que vetou os meus ollos
Bastou cunha raiola fraudulenta
De inexistente coraxe
E as máis variadas pantasmas de Belvís
Para engaiolar o neon
Na miña cavidade bucal
___ * ___
Fóronlle concedidos todos os seus desexos
Sen reparo a unha penitencia divina
Foi por causa do c-h-a-m-p-a-g-n-e
Nove letras
Vinte puntos
____ * ____
Anagramas e vagalumes endeberaron a gorxa
Cirrocúmulos tornaron o perfecto complemento
A un cóctel xa axitado de máis
Coa mordaz sensualidade
Ou a sensual mordacidade
Que acostumanban
Desexei senlleiro retornar aos comezos
Pero a miseria mesturouse coa suor
E din por rematada a partida.
(mente)Meridional(mente) Parte II
E aínda así, agardaba estar preparado
Para o mortal tsunami que se aveciñaba polo
Leste
Para a brétema húmida que asexaba polo
Oeste
Para as feroces fauces que agromaban polo
Sul
E tamén para tí
Que sei que estás
Ahí
Sen norte
Mirándome en fite
Agardando resposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario