domingo, 1 de mayo de 2011

Life in Technicolor



Faltan 3 minutos para que este domingo de intersección remate. Para que empece unha nova semana, e unha nova etapa. E cal meigallo de queimada, atrás quedarán os laios de cadelo abandonado, coma se coa chegada do bo tempo o sol os calcinara. Atrás quedarán os días de estrés, estrés que non podería ter soportado por demasiado tempo máis. Que xa me estaba a consumir. Non volverán eses pensamentos inmaduros. Porque se me decato de que o teño todo, absolutamente todo, non habería razón para o desacato, e as rendixas de socavóns histriónicos nada terían que ver coa realidade na que vivo. Porque hai que espabilar, que para eso teño unha boca, e unha língua, e un corazón. Porque se algo quero e non o pido, ninguén mo vai a dar. Pitonisos aínda non se soubo de existencia certa.

Cando este día remate, non haberá razón para se deter, para avanzar e ser máis. Volverán os sinuosos camiños a brilar ao meu paso. Un escalón máis, un pasiño cara adiante, e todo preparado para deixarse levar. Unha enorme historia está por relatar, e non se fará soa, nin coas pegadas doutras historias. No entanto sei que veñen tempos bos. É algo que se cheira no aire, que entra polos ouvidos e chega aos pés atravesando o corpo. Alguén me contara o magnífico da sensación. E eu non vou ser menos. Somentes sei, que o hei de conseguir. Se fose doado non lle daríamos valor. Pero terá o valor que cómpre, porque xa que agora estou preparado para isto. E xamais estiven tan seguro de algo. Nunca tiven tan claro que todo ha de estar ben, porque nada desexei tanto neste mundo. Heino conseguir, I swear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...