Non sei que é o que ven agora no guión. Tampouco sen quen é o artífice, para lle preguntar, qué agasallo habemos coller. Porque os cegos teñen cans que os leven, mais non cómpre estar cego para escachar o nocello. Así que unha bonita estampa. Unha mellor novela. A novela da vida. Da vida de alguén, un emprendedor obsesionado coas medias tintas. Un alguén que estaría mellor cun mapa, pero que sabe perfectamente qué facer cando se perde.
Hai que saber non dicir exactamente o que hai que dicir. Podemos plantexalo coma un xogo, no que temos que pescudar o asasino que abriu o baúl do teu faiado e levou todas as túas lembranzas de neno. Tendo o cuarto cheo de bonsais periféricos alimentamos un complexo que aínda non tivo nome. Un calibre escrito en letras de ouro. E nada quedou dun alguén asasinado que insisten en que era feliz. Que por qué ser feliz? Porque hai que ter pouco corazón para cortar ese sorriso de ese alguén que non botou de menos a ninguén que non fose un corazón inexistente.
E foi cazar perdices, por se logo houber que asasinalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario