lunes, 14 de junio de 2010

Sorrindo por parciais

Veño de tirar unha moeda á fonte, onde
as nubes formaban unha hipotenusa,
fuxen cara o ceo.
Supernovas tornan en frías lúas.
Asústalles o que aconteceu
a tarde do xoves 6

Maldito inferno no que te meteches
Case que podo ver polas túas meniñas opacas
Os nosos problemas non son un boomerang
Liscarán e non voltarán endexamais

Veño de tirar unha moeda á fonte.
Acumulei botellas no meu cuarto
e entón decateime
de que isto vai doer
Has de esquecer o que aconteceu
a tarde do xoves 6

Maldita merda de gusto musical
Tingues linces para lle borrares a cor
non fan xogo na alfombra do meu hall
Mañán ciberexame, penurias aplicadas.


Veño de tirar unha moeda á fonte
Fonte chea de peixes
Fonte chea de pedras
que formarán o teu tellado
e protexerán as túas glándulas lacrimais
do diluvio universal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...