Hoxe estaba eu, e ti aínda non chegaras
e o coiteliño que me regalou miña nai
espeteino nun dedo da man esquerda
El mesmo non
que xa sabes que o perdemos no traslado
e ben que cho dei eu por causa de ti o perderes
Un como el que mercastes
para que non me doera o outro
E mira ti
que agora doeme toda a casa dentro deste dedo
e debe ser que me doe o que nos falta
e que ti aínda non chegaras
Hasme de pór unha tirita?
Heiche de dar un bico grande
María Lado
No hay comentarios:
Publicar un comentario