sábado, 28 de mayo de 2011

Atentado. Atentos. Atentamente


Temor non significa nada. Sabemos que estamos de sobra preparados para os golpes que nos poida dar a vida. É por iso que estamos determinados a non ter medo de aprender a montar en bici. Quero dicir, no caso de posíbeis caídas haberemos poder recoller do chan as nosas mans e metelas en auga ben fresquiña. Así non será tanta a doenza, nin patente a vergoña, que ten complexo de apuntadora e está toda a obra de teatro ahí agochada, disposta a amolar, por dicilo finamente. Quilos de pólvora para este apuntador, que mañán seica os xornais din que haberá atentado. Atentos.

Atentamente, unha personaxe dunha obra de teatro metapoética.

miércoles, 18 de mayo de 2011

[...]



Porque a cada pouco ningures gaña forma
tamaño e textura.

martes, 17 de mayo de 2011

Lois Pereiro, Letras Galegas 2011



"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria."

Trala parede da cociña


Adicado a Lois Pereiro, esa alma que viviu rápido e morreu mozo

Quedou a cociña desfeita
e tamén o comedor, e o cuarto de pasar o ferro
Tal é magnitude do silenzo
que agora non son quen de recollelo todo

Fixeras tremolar as potas
luxaches o meu garfo de
Mickey Mouse, o meu preferido,
aquel que tanto odiabas

Non te decatas de que todo é merda,
(na cociña)?

Venceu a hipersensibilidade adquirida, letra capital
do detallado relatorio de excusas que mais ben
outros lle dirían
picor
no cú

(na cociña)?

Quero voltar a antes da cociña,
do (censored) daquel (censored) tan censurado pola túa puta nai,
e así poder xogar as cociñiñas, mantendo a inxenua esperanza
de non ter que incluírte na historia
outra vez

Quedou a cociña desfeita. E agora non son quen de recollelo todo.

domingo, 8 de mayo de 2011

Agocharse na Dalmacia

Funerais que se fan en 5 minutos. Soan as campás, as que tiñan que soar.
Non sei que é o que ven agora no guión. Tampouco sen quen é o artífice, para lle preguntar, qué agasallo habemos coller. Porque os cegos teñen cans que os leven, mais non cómpre estar cego para escachar o nocello. Así que unha bonita estampa. Unha mellor novela. A novela da vida. Da vida de alguén, un emprendedor obsesionado coas medias tintas. Un alguén que estaría mellor cun mapa, pero que sabe perfectamente qué facer cando se perde.

Hai que saber non dicir exactamente o que hai que dicir. Podemos plantexalo coma un xogo, no que temos que pescudar o asasino que abriu o baúl do teu faiado e levou todas as túas lembranzas de neno. Tendo o cuarto cheo de bonsais periféricos alimentamos un complexo que aínda non tivo nome. Un calibre escrito en letras de ouro. E nada quedou dun alguén asasinado que insisten en que era feliz. Que por qué ser feliz? Porque hai que ter pouco corazón para cortar ese sorriso de ese alguén que non botou de menos a ninguén que non fose un corazón inexistente.

E foi cazar perdices, por se logo houber que asasinalas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...