
jueves, 28 de octubre de 2010
domingo, 17 de octubre de 2010
Gloria do serán
Co volume até estoupar os tímpanos. Se tes sorte, non escoitarás nada, nin de fóra, nin de ti. E non sei cal das dúas esferas me aterra máis. Por un momento créome nas nubes, no ceo. Coido que merezo un chisco de paz xa, ¿non cres? De tódolos xeitos non ía aturar máis esta situación, así, tal como está. Quizais movendo algún moble de sitio... Non, mellor pensado e deixar todo como está.
¿Por onde ía? Ah sí, polas nubes, por unha fría, bretemosa e húmida nube. Unha nube que me acariña o corpo, unha nube que sento entre as fazulas, e por debaixo das orellas. Non sei como soubo que ahí era onde máis me gustaba. Unha nube que me agarimou, que me respectou, que escorregou delicadeza e cariño por cada ángulo obtuso do meu corpo, para despois deslizarse, sosténdome no ar, coma ti nunca fixeras.
Ti nunca facías nada.
Xa nada queda de aquel rapaz animoso. Agora tornou férrido e cerril. Anquilosarse no pasado e como deixar de medrar, pero neste caso ao revés. Unha panca de cambio esnaquizada por unhas bágoas corrosivas, verdecentes e vellas coma a vida. Toda unha vida.
viernes, 15 de octubre de 2010
Algo quere a ovella
Aproveita para mudar a regras do xogo
(non son quen de dicilo)
Modifica as bases, condiciona a vitoria
Ou troca o premio por outro máis
Acérrimo
Áspero
De textura porfídea
Lábil
Fatuo
Agre
Coma unha pedra
Como o meu coeur.
O cálculo do error é infimo
Comparado co lánguido porvir
E non serei tampouco quen de
Conducir este tren
Como quen di.
Muda as regras do xogo
Mais so che pido unha cousa
Non mudes ti.
Porque sacas a miña conduta heliotrópica,
Meu sol.
miércoles, 13 de octubre de 2010
A ascensión
O empurrón inicial foi considerábel,
Un meteoro, atomosfera de males da que
xamais souben fuxir.
Isótopos de Rubidio nas veas
Uranio enriquecido no ril
E Wolframio incrustado na mais profunda das
peles.
Un metálico son foi o teloneiro
Dunha asoballante función.
Sendo honestos,
foi considerada a unha ascensión rápida e limpa
Sen rastro
E tan precoz foi a evaporación
E tan sozinho me deixaches
Que podo sentir o medo nos meus ollos cor mel
Coloquiais díxitos entre meniñas
no canto dun bo administrado éter.
domingo, 10 de octubre de 2010
Relatorio dunha aperta endémica
Os temores esféricos que rebotan
Pendurados neste ben bonus de estudo
Non serían tal de non ter asegurado que aquilo non foi
real
Case que puiden chegar a tocar o teu paralelogramo.
A esfera sube, baixa, aproxímase,
Traza unha circunferencia vacilante e senil.
Arrodea a cintura, e a autoestima.
Descende uniformemente e acelera para rematar
nos teus peitos.
Apaguen o son dos seus móbiles
Por se fallan as pancas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)