domingo, 14 de marzo de 2010

Yeah yeah yeah!



Colle un cacho de papel e escribe un desexo. Non é preciso que sexa un desexo profundo ou a longo prazo, e ata podes ser egoista ou materialista. As figuras de parrulo son as máis recorrentes, mais o desexo sempre dentro. ¿Do corazón? Ou do papel, tanto ten. O único requisito necesario e que pelexes para acandar o teu desexo. O fin non xustifica os medios, por suposto. E mira que en medios hai moita xente experta, mais diso hai moito que falar, ha ser mellor deixalo para outra vez.

Contrólate a ti mesmo. Colle somentes o que precises. Debe ser que porque a sombra á que nos arrimamos escollémola nós, polo que berro "yeah yeah yeah!". Coma todo. Claro que énos moito máis doado botarlle ás culpas ao destino, sen pensarmos na nosa capacidade racional para elixir. Facémoslle ás beiras á hipocresía. ¿Qué camisa has poñer hoxe? Dígocho para que non coincidamos, o volume das nosas preocupacións incide na nosa pel, e no noso senso. Camisa de forza busca amante das bolboretas para ser encantado. E así, pasan os días, ata que chega San Xoán, e saltamos por riba da fogueira, e queimamos as penas, e recollemos as cinzas, que son a esperanza. Agardando polo amencer, só falta a música de fondo, coma nas películas. E é que no fondo a vida é un filme, no que o protagonista é alguen que non é nós. Así que non queda outra que pórse o interruptor na cabeza con cinta illante e facerlle fronte ao mundo. Que xa é tempo pórnos á altura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...