Limón, limón.
Quéroo de limón.
A súa volta.
Agre e despexado.
Acedo e despexado.
Cunha tarta para celebrar a vida
ou un calipo que entre ben
(teatralmente),
hei de facer unha sondaxe
das partes do meu corpo,
Abran paso,
acó vén mr mainstream
tan a gustiño agochado no mediastino
a reclamar o que é noso,
as facturas non pagas, has de compensalas
E postos a pedir, digo,
postos a pedir,
pedimos máis 5 cm de amor.
miércoles, 25 de abril de 2012
Xusto aí
Seica din
que vaciaches de contido,
que es máis mala praxe,
que tingues de amarelo febril,
o que non tinguimos no leito.
Seica oio Saiches a escea
que a chuvia,
diáspora de porvires,
mollou para sempre adeus,
ti, que es máis de mala praxe. Atopaches o xeito de sair á escea
E agora voto mirarte
Agora mesmo, e Quen son eu para protestar?
diante desta sopa pixelada.
E seica vexo, Eu, rei da farándula
como levantas a man e floculas as estrelas,
e insires unha longa paréntese (sexual),
como ases a cana o mañan,
como amosas que un Gagarín é un Gagarín.
abaixo
Son area, para cabalos, son aire que nin peitea nin desfai, superlfuo, contrabaixo, sí, máis .
Xusto, aí
que vaciaches de contido,
que es máis mala praxe,
que tingues de amarelo febril,
o que non tinguimos no leito.
Seica oio Saiches a escea
que a chuvia,
diáspora de porvires,
mollou para sempre adeus,
ti, que es máis de mala praxe. Atopaches o xeito de sair á escea
E agora voto mirarte
Agora mesmo, e Quen son eu para protestar?
diante desta sopa pixelada.
E seica vexo, Eu, rei da farándula
como levantas a man e floculas as estrelas,
e insires unha longa paréntese (sexual),
como ases a cana o mañan,
como amosas que un Gagarín é un Gagarín.
abaixo
Son area, para cabalos, son aire que nin peitea nin desfai, superlfuo, contrabaixo, sí, máis .
Xusto, aí
viernes, 16 de marzo de 2012
BANG!
I
Un día ao espertar, ficas
cheo de só
O sol segue a ser quente
A auga segue a ser morna
Peón sego a ser sendo ti a raíña farisaica
conto de agre final
Xa non abrangues ese largo espectro entre
falo e corazón, ti
moralexa rancia, mórbido alalá.
Xa non abrangues nin o centro do cadrado
cheo de pó, manxar de térmites
ficas oca,
fico só.
II
A incerteza viste
tantas cores coma
persoas a nomean
Pobre da cega que non quixo ver
O que non pasa nen ha pasar
III
Coma se partindo dunha desvantaxe
imposíbel de recuperar
ou un virus se instalar na beira
agardando o vendaval
Coma se fose cousa dun tempo,
dun segmento, dun ollar
Coma se fosemos vencer a senectude
que cobra cedo ou xamais
Nesta panorama desolante
aínda somos quen de agromar
de ver medrar a nosa epiderme
e un novo sol poder escoitar
Mais chegados a este punto de
non retorno
desexar e morrer, filla da non patria
desexar ou morrer, desexo miserias.
IV
Desexar miserias?
V
O berro do funil sustitúe cumios descubertos
e o son mudo do meu eu
retumba máis nesta noite pecha
Non haberíamos de saber se é un choro
de mágoa, de rabia ou de cristal
Pero as cousas mestúranse coa choiva
aceda
ben que noutrora corroería todo o meu
corpiño
mais arestora
non hai gracia por desintegrar
un alma sen corpo
e cecais un corpo sen alma
Non é un día gris,
senon noites sen candís
A carreira púidose decidir polo máis
lánguido dos milisegundos
Fráxil son as burbullas que gabean
que loitan
coas súas marxes da gloria que xa choraba
menos do que choraron.
Puido ser detida, capturado ese intre
EXACTO
o exacto para non ferirmonos os dous.
Un día ao espertar, ficas
cheo de só
O sol segue a ser quente
A auga segue a ser morna
Peón sego a ser sendo ti a raíña farisaica
conto de agre final
Xa non abrangues ese largo espectro entre
falo e corazón, ti
moralexa rancia, mórbido alalá.
Xa non abrangues nin o centro do cadrado
cheo de pó, manxar de térmites
ficas oca,
fico só.
II
A incerteza viste
tantas cores coma
persoas a nomean
Pobre da cega que non quixo ver
O que non pasa nen ha pasar
III
Coma se partindo dunha desvantaxe
imposíbel de recuperar
ou un virus se instalar na beira
agardando o vendaval
Coma se fose cousa dun tempo,
dun segmento, dun ollar
Coma se fosemos vencer a senectude
que cobra cedo ou xamais
Nesta panorama desolante
aínda somos quen de agromar
de ver medrar a nosa epiderme
e un novo sol poder escoitar
Mais chegados a este punto de
non retorno
desexar e morrer, filla da non patria
desexar ou morrer, desexo miserias.
IV
Desexar miserias?
V
O berro do funil sustitúe cumios descubertos
e o son mudo do meu eu
retumba máis nesta noite pecha
Non haberíamos de saber se é un choro
de mágoa, de rabia ou de cristal
Pero as cousas mestúranse coa choiva
aceda
ben que noutrora corroería todo o meu
corpiño
mais arestora
non hai gracia por desintegrar
un alma sen corpo
e cecais un corpo sen alma
Non é un día gris,
senon noites sen candís
A carreira púidose decidir polo máis
lánguido dos milisegundos
Fráxil son as burbullas que gabean
que loitan
coas súas marxes da gloria que xa choraba
menos do que choraron.
Puido ser detida, capturado ese intre
EXACTO
o exacto para non ferirmonos os dous.
martes, 18 de octubre de 2011
Balance do ano 2010, ou "A boas horas"
Escrito a finais de 2010:
Cada momento dunha vida, cada etapa, é unha sensación. A arte de lembrar cada momento, asocialo a unha olor, un son, unha canción ou un acto cotiá. As lembranzas do pasado son un xeito máis de mitificalo, pero tamén de disfrutalo, de saborealo pouco a pouco. É por así dicilo o tempo engadido do encontro da nosa existencia. "De vez en cuando es bueno ser consciente de que hoy de que ahora estamos fabricando las nostalgias que descongelarán algún futuro" adoitaba a dicir Benedetti. É por iso que non é malo recordar. Nin tampouco doado. E as lembranzas deste ano 2010 que remata quedarán na mixa maxín até que as miñas conexións neuronais o permitan. Pero como non teño nin tanto tempo, nin tanta creatividade, só tentarei plasmar algúns, os máis importantes, os que lembren, ou os que me saian do carallo, que xa se sabe que Lourdes non perdoa.
Xaneiro
Corría un día de Xaneiro, non sei cal, que eu tan enfermiño voltaba a Reus. Voltaba de estar coa familia, e non tiña gañas moitas de reencontros. Ben, sendo honestos, tiña e non tiña ao mesmo tempo. A viaxe foi longa, pero malia iso, recordareina toda a vida. Porque non sei que ten o tren que ofrece un aura de maxia ás historias, que até a parella consumando debaixo dunha ponte de madrugada semellou romátinca. O exceso como forma de vida. A miña dor de cabeza non me fixo outro favor que adormecerme, para non poder ver a neve caer fóra do comboi.
Lembro especialmente a conversa cunha moza leones estudante en Pamplona. Non souben nin saberei o seu nome xamais, pero falamos coma se nos coñecesemos de toda a vida. É posíbel que de nos ver agora eu non soubese recoñecela. Pero a abstracción desa moza habereina de levar sempre.
Marzo
O tempo dos paxariños, paxariños dobrados, de cores, cheos de esperanzas. Da ilusión. A ti lembrareite especialmente. Aínda que non acabasemos ben, eu ben sei que foi unha fase boa. Se cadra o medo me puido, mais prometinme non voltar a cometer os mesmos erros. Chame como se chame a pedra, non hei tropezar máis. Porque quero que o dano que dis que che fixen tivese algún sentido. Porque quero que me servira de lección. Ao fin terei que estar toda a vida a aprender, e non sei se mesmo lembras que complicado era todo, e canto de complicado segue a ser sen estares. É posíbel que fose o destino, pero eu non sentía querer abrigar o meu frío contigo. E niso non teño nada que reprocharme, porque eu non decido sobre os meus sentimentos.
Xullo
Preparen as equipaxes mozos e mozas. O equipo A está a piques de partir! Por diante, un longo camiño cheo de penurias, peculiaridades, e bucólicas experiencias a superar. Todo para chegarmos sáns e salvos á Capital, Santiago de Compostela. Porque o Camiño non está feito para calquera. E para reportarmos forzas? Unha tempadiña en Portugal.
Decembro
Decembro máxico. Cheo de concertos. Estela independente, caótica e mal pronunciada. Onde crin estar nunha festa nun loft dun ático no meio da mesmísima Nova Iorque. Two Door Cinema Club, Lady Gaga, Love of Lesbian. Predicamos que vivir o momento, que o tempo que escorrega non volve, é unha filosofía aceptábel. O nihilismo pasou de moda, e ademáis de non ser rentábel, non aturaría ter que drogarme cada día. Baixos, baterías, harmónicas, teclados, guitarras, vocais, micrófonos, altofalantes a todo tren, empurróns, suor pola pel, preocuparse polas poses máis que por disfrutar, ou disfrutar sen máis da bipolaridade.
Non podo traballar, e ninguén pode. Alternativamente e sen querelo creo que cambio a mentalidade, porque os detalles forman a persoa, e estes veñen en mandas, de súpeto e sen avisar. Para que non poidas defenderte deles, claro.
Non queres estar só, e ao mellor non sei dicir como me sento. Sí, pode que pasado o tempo saiba. Pode que neste ano que entra. Porque estoume a convercer de que existe un karma, e quero caerlle ben e que sexamos amigos, para que dunha vez a sorte non teña medo de sorrirme, ou polo menos de sorrirme máis, que de egoísmo vou sobrado. E no fondo, sei o que quero.
Feliz ano 2011 a todos, e boas festas familiares cheas de hipocrisía!
lunes, 10 de octubre de 2011
Placeres de la vida
A veces pensamos que la cantidad es lo más importante, que los detalles no importan. El peor enemigo de lo peculiar, de lo que nos hace diferentes, es precisamente la costumbre de tender a generalizar. La filosofía de lo superficial como base a una sociedad llena de prejuícios y primeras impresiones. El deseo de mainstreamización máxima. "La vida es como el juego de la oca: tienes el camino marcado hasta el final, y de ahí no te puedes salir. Como mucho, si tienes suerte, de vas de oca a oca y te pegas un tiro." Es esa especie de orfandad mental la que me hace preguntarme qué cosas son placenteras para mi. Qué estimula mis músculos faciales haciendo que sonría sin darme cuenta.
Minutos reflexionando sobre ello, y los placeres salen solos. Rápidamente, uno detrás de otro. Y casi daba tanto placer recordarlos como vivirlos. Venían muchos, muchísimos, en cascada. Y sentí el deseo de apuntarlos, para que ninguno, absolutamente ninguno, se me escapase. Pero para hacerlo más entretenido, me he puesto una sencilla regla. Un placer por día. Plasmar las minucias que me hayan alegrado la jornada, ésa jornada. Un pequeño placer, a lo Amelie Poulan metiendo la mano en el saco de las lentejas (¿o eran habas?). O un gran placer. Escribir lo que me de la gana, lo que me salga de la úvula, del pimiento, de la bolsa de Fabricio, del Abismo de Helm, de la punta del meñique izquierdo, y del derecho también. Todo vale mientras las hojas sean de papel reciclado, y el estilo vintage haga que dejen de llamarme moderno de mierda.
Nadar desnudo, fumar tumbado, follar de pie. Placeres de la vida.
viernes, 29 de julio de 2011
A taberna dos senlleiros
EL sentou na mesa do restaurante, no lugar máis a carón da ventá. Xa pasaban 7 minutos da medianoite, e non desexaba máis que un simple whisky con xeo. ÉL agardaba, e porén TI non sabías por quen. Asexabas o que podías entre a barra, ou neses os teus sospeitosos paseos ao baño. Lástima que o ateigado que se atopaba o local ese día non che deixase máis tempo do que quixeras para observar con sutileza cómo ÉL sacaba do peto unha pluma e un caderno e adoptaba unha mirada cavilante, coma se quixera atoparlle o sentido a algo que se lle escapaba pero que estaba moi preto de entender. Non sei se ME comprendedes. Un tocadiscos amenizaba a sala. EU sabía perfectamente que o que soaba tratábase do primeiro álbum dos Beatles, aquel que grabaran en Hamburgo alá polo ano 1961. A verdade e que entre a música e a decoración, aquel lugar tiña un aspecto decadente. EU sabía que andabas a mirar para EL, porque eu tamén o facía. Mirábao a EL, el logo para TÍ mirándoo a EL. E logo pedía outro whisky. Con moito xeo, díxenCHE.
A estas alturas da vida de cada nós non estabamos para bromas. Ninguén no local estaba para bromas. Pódese dicir que todos viñamos procurar o mesmo. Un refuxio de soidade.
sábado, 28 de mayo de 2011
Atentado. Atentos. Atentamente
Temor non significa nada. Sabemos que estamos de sobra preparados para os golpes que nos poida dar a vida. É por iso que estamos determinados a non ter medo de aprender a montar en bici. Quero dicir, no caso de posíbeis caídas haberemos poder recoller do chan as nosas mans e metelas en auga ben fresquiña. Así non será tanta a doenza, nin patente a vergoña, que ten complexo de apuntadora e está toda a obra de teatro ahí agochada, disposta a amolar, por dicilo finamente. Quilos de pólvora para este apuntador, que mañán seica os xornais din que haberá atentado. Atentos.
Atentamente, unha personaxe dunha obra de teatro metapoética.
miércoles, 18 de mayo de 2011
martes, 17 de mayo de 2011
Lois Pereiro, Letras Galegas 2011
Trala parede da cociña
Adicado a Lois Pereiro, esa alma que viviu rápido e morreu mozo
Quedou a cociña desfeita
e tamén o comedor, e o cuarto de pasar o ferro
Tal é magnitude do silenzo
que agora non son quen de recollelo todo
Fixeras tremolar as potas
luxaches o meu garfo de
Mickey Mouse, o meu preferido,
aquel que tanto odiabas
Non te decatas de que todo é merda,
(na cociña)?
Venceu a hipersensibilidade adquirida, letra capital
do detallado relatorio de excusas que mais ben
outros lle dirían
picor
no cú
(na cociña)?
Quero voltar a antes da cociña,
do (censored) daquel (censored) tan censurado pola túa puta nai,
e así poder xogar as cociñiñas, mantendo a inxenua esperanza
de non ter que incluírte na historia
outra vez
Quedou a cociña desfeita. E agora non son quen de recollelo todo.
domingo, 8 de mayo de 2011
Agocharse na Dalmacia
Funerais que se fan en 5 minutos. Soan as campás, as que tiñan que soar.
Non sei que é o que ven agora no guión. Tampouco sen quen é o artífice, para lle preguntar, qué agasallo habemos coller. Porque os cegos teñen cans que os leven, mais non cómpre estar cego para escachar o nocello. Así que unha bonita estampa. Unha mellor novela. A novela da vida. Da vida de alguén, un emprendedor obsesionado coas medias tintas. Un alguén que estaría mellor cun mapa, pero que sabe perfectamente qué facer cando se perde.
Hai que saber non dicir exactamente o que hai que dicir. Podemos plantexalo coma un xogo, no que temos que pescudar o asasino que abriu o baúl do teu faiado e levou todas as túas lembranzas de neno. Tendo o cuarto cheo de bonsais periféricos alimentamos un complexo que aínda non tivo nome. Un calibre escrito en letras de ouro. E nada quedou dun alguén asasinado que insisten en que era feliz. Que por qué ser feliz? Porque hai que ter pouco corazón para cortar ese sorriso de ese alguén que non botou de menos a ninguén que non fose un corazón inexistente.
E foi cazar perdices, por se logo houber que asasinalas.
domingo, 1 de mayo de 2011
Life in Technicolor
Faltan 3 minutos para que este domingo de intersección remate. Para que empece unha nova semana, e unha nova etapa. E cal meigallo de queimada, atrás quedarán os laios de cadelo abandonado, coma se coa chegada do bo tempo o sol os calcinara. Atrás quedarán os días de estrés, estrés que non podería ter soportado por demasiado tempo máis. Que xa me estaba a consumir. Non volverán eses pensamentos inmaduros. Porque se me decato de que o teño todo, absolutamente todo, non habería razón para o desacato, e as rendixas de socavóns histriónicos nada terían que ver coa realidade na que vivo. Porque hai que espabilar, que para eso teño unha boca, e unha língua, e un corazón. Porque se algo quero e non o pido, ninguén mo vai a dar. Pitonisos aínda non se soubo de existencia certa.
Cando este día remate, non haberá razón para se deter, para avanzar e ser máis. Volverán os sinuosos camiños a brilar ao meu paso. Un escalón máis, un pasiño cara adiante, e todo preparado para deixarse levar. Unha enorme historia está por relatar, e non se fará soa, nin coas pegadas doutras historias. No entanto sei que veñen tempos bos. É algo que se cheira no aire, que entra polos ouvidos e chega aos pés atravesando o corpo. Alguén me contara o magnífico da sensación. E eu non vou ser menos. Somentes sei, que o hei de conseguir. Se fose doado non lle daríamos valor. Pero terá o valor que cómpre, porque xa que agora estou preparado para isto. E xamais estiven tan seguro de algo. Nunca tiven tan claro que todo ha de estar ben, porque nada desexei tanto neste mundo. Heino conseguir, I swear.
lunes, 14 de marzo de 2011
Dose: 400 mg
Cómo saber se as decisións que estás a tomar son as axeitadas. Se non estás a tomar o camiño que non é. Son as típicas cousas que cómpren ser vistas a de lonxe, cando o tempo fixo a sandadura xa. Decátaste dos erros, de que non o fixeches ben. E entón comezas a cuestionarte qué facer ao respecto. Volver atrás, e tentar arranxar as feridas? Sacar esa espiniña? Ou pasar de longo? Cexais xamais arrepentirse, deixar as cousas como están, porque remover o pasado non é bo. E mirar adiante, agardando que unha nova oportunidade che se poña por diante, aínda que non a merezas.
Son días de reflexión. Qué estou a facer coa miña vida e, o máis importante, quen son eu. Quen son eu e qué é o que quero. Fabián, onde quedou ese home forte e independente que soubo lidiar cos problemas que se lle plantexaron, dicir basta, e plantarlle cara á vida.
Caer na monotonía. Iso é exactamente o que non quero. A dicir verdade, non sei o que quero nin o que non quero. Indecisións con trasfondo, dende logo. Non has poder calmarte con música, longas tardes entre a devastación, ou creando personaxes anglosaxóns. Primeiro plano. E se levo uns días mirando todo dun punto de vista nostálxico, chámese chan, ceo ou horizonte. Chámese pasado, presente ou futuro. Se levo uns días así será porque é preciso para algo, aínda que non o saiba. O caso é que se me sento así, algun motivo importante hei de ter. Nada que non se poida solucionar cunha nova actitude, a base de todo.
Tentar ser honesto, se o mundo me deixa. Se as nubes seguen sendo nubes, e o ceo torna gris. Porque se somos sinceros, maís cedo ou máis tarde, todo rematar por se arranxar. Podes contarme cómo foi todo. E queixarte se queres. Por que cándo me queixo eu? Cando me queixo? Así que cheguei á conclusión de que o mellor e sorrir. Por que é máis doado que explicar por qué ficas mal. Porque se escribo é porque estou triste, aínda que non chore, e só mire con melancolía o balcón, botando de menos entes alén das fronteiras,
Pero non vos preocupedes por min. Estou máis que capacitado para superar os golpes. Aínda que sexan febles.
domingo, 13 de febrero de 2011
Dia Europeo da Saude Sexual
Tampouco comporta tanta calamitosidade posicionarse contra dunha tradición anglosaxona, que aos poucos vai coméndolle o territorio ás nosas. Samáin, O Apalpador... Mais o certo que que San Valentín está de moda. E esta borralla corteinglesista eclipsa todo o demáis, e xa ninguén se lembra, por exemplo, de que hoxe é tamén o Día Europeo de Concienciación da Saúde Sexual e Reprodutiva. Ninguén se lembra dos milleiros de embarazos non desexados, das mañás dos domingos nos centro de planificación familiar. Ninguén se lembra que hai persoas que aínda non teñen acceso á medicación contra a SIDA. Ninguén recorda os casos de violencia machista. Aquí o único que importa é vender e vender máis merdas, alimentar o consumismo exhacerbado, e encher o peto de esterco.
Calquer día é bo para lle demostrares o amor á túa parella. De verdade, non cómpre acudir aos tópicos máis tópicos de entre todos os tópicos. A orixinalidade abonda (malia que non abunda), xa que logo eu non me sentiría especial se algúen, polo simple feito de llo impor socialmente, me faga algún agasallo coa etiqueta impositivo moral no reverso. Calquer día é bo para estar namorar ou deixar de facelo. E máis para un ateo coma min.
domingo, 6 de febrero de 2011
Día oficial das cousas oficiosas.

Recapitulemos.
Coido que teño cousas que facer mañán. Tamén coido que lle perdín o pouco respecto que lle tiña ao meu benqueridísimo espertador. A miña conduta básicamente mudou de ir retrasándoo de cinco en cinco minutos, a desconectalo directamente. Así non hai quen se erga, evidentemente, e a menos que teña algún compromiso oficial, véxase universidade, quedo na cama até que as costas non poden máis. As cousas oficiosas son outra cousa. Son máis... Bah, tanto ten. E por máis que mo repita histriónicamente na miña testa, non termino de tomar en serio estas cousas.
O caso é que mañán teño unha grande morea de cousas oficiosas das que me ocupar, todas elas moi aburridas para relatar. Pode que vaia a cheirar á biblioteca para matar ese aburrimento. Mercar o xornal. un croissantciño e darme tempo a reflexionar, e darme conta sequera da ironía da frase anterior.
Así que mañán será oficialmente (inexorables ironías aparte) o Día das Cousas Oficiosas.
martes, 1 de febrero de 2011
Tí a Roma e eu a Montevideo
Como ben saberedes, as cousas aquí van por xeiras ("rachas", "streaks", para os do novo decreto, non vaia se-lo demo). E como vai por xeiras, vai tamén por altibaixos. Un día escoitas música triste e melancólica, outro día dáchese por por a todo volume a música máis animada, e ás veces, simplemente, destrozas os tímpanos ou poste a danzar polo salón. Un tempo resulta que visitas máis a piscina do habitual, e logo cansas, para engaiolarte no sedentarismo. Ou cecais ao revés, dende hibernar até o frenetismo kafkiano.
O caso é que últimamente dame por cavilar nos efectos que teñen no desenvolvemento da nosa vida as pequenas decisións cotiás, malia insignificantes que semellen. Todo isto claro veu verbo da filme "The Butterfly Effect" ("O efecto bolboreta", "El efecto mariposa", por seguirmos co costume. Por certo un saúdiño para Ashton Kutcher). Mais a cousa non queda ahí, ya que o efecto do destino non inflúe somentes en ti senon en toda a xente do teu redor.
Así, nunha vila ukraniana...- Fabianovski, saímos a tomar unhas cervexas?- Non teño moitas ganas, estou canso.- Veña oh que precisas despexáreste.- A: De acordo, vou! B: Non en serio non podo máis, se cadra mañán.Todo o que esa noite acontecer, podería mudar o rumbo da vida de Fabianovski. E con el o ronsel ao seu paso.
Así é compañeiros, así é. E concretamente, veume á testa o caso da miña bisavoa por parte do meu pai.
Resulta que esta mullerciña naceu en Montevideo alá por finais do século XIX. De ítalos e emigrados pais, foi a máis nova dunha extensa camada de fillos, que andaban arredor da ducia. A probreza e a escaseza que adiaban no país levou á nai da miña bisavoa a dar en adopción a súa filla e regalarlla ao meu tataravó (tataravoastro, máis por non en lear máis as cousas, deixoo así. Ademáis non sei como se di en inglés). A familia italiana non era quen de manter tantos fillos, e o meu tataravoastro non era quen de concebir sequera un.
Desapegarse dun fillo é das decisións máis duras que unha nai pode tomar, e non é moito estranar que se repensase dúas, tres e moitas máis veces se dar ou non o paso. Entón agora é cando eu penso. ¿E se esa decimonónica alma, nunha pulsión de instinto maternal, decidise quedar coa nena en lugar de ofrecela a un descoñecido? Calquer factor, por pequeno que for, como a opinión do seu marido, ou simplemente un sorriso de axóuxere, podería ter provocado que os gondoleños acollesen á benxamina no seo do fogar. O resultado é que non existiría a miña avoa, nin meu pai, nin eu. Ou se cadra si existiriamos, mais non seriamos nós mesmos. Poida que me chamase Rodolfo, e falase voseando, vos sabés che. Ou o máis probábel, parlando italiano como Adriano Celentano.
Quen sabe e sabe quen, o certo é que a vida é inesperada e un mesmo vaina construindo improvisadamente. Os guions non valen para nada, xa que o mellor apuntador consiste en deixarse levar. E como a célebre Blondie dixo, se non é one way, é another (una manera/otra, un xeito, outro; para terminarmos ben).
Ciao ragazzos e ragazzas!! (e isto non me fagades tritraducilo por favor)
lunes, 31 de enero de 2011
Habemus oniricum paranoium
Soñaba el ciego que veía, y soñaba lo que quería. Soñaba que podía ver los campos verdes que olía en primavera. Observar los pájaros que cada mañana escuchaba en su ventana. Soñaba con poder pintar hermosos cuadros y pasear por la playa. Contar cada una de las flores del campo, y poner cara a todas y cada una de sus seres queridos. Pero sobre todo, soñaba con ver esos ojos verdes, esas suaves mejillas, ese aterciopelado pelo, y esa mirada de alguien que conspira contigo.
E hoxe, alguén mira á lúa, procurando un pouco de cariño.
viernes, 28 de enero de 2011
Cousas

Cousas que me gustan:
Observar á xente cando non saben que o fago
Comentar a noite de festa ao dia seguinte cos amigos
O zume de laranxa, o chocolate e a empanada.
Ducharme durante media hora e coa auga a ferver
A música indie.
As miradas de complicidade
Pasear pola praia no luscofusco.
- Namorar
Cousas que detesto:
Ter que afeitarme de dous en dous días.
A palabra “despilfarro”.
O cheiro ao fume do tabaco.
O whisky, o ovo cocido e as uvas.
Non estar non lugar adecuado no intre adecuado.
Calquera materia que comece por “Historia de”
Madrugar, e que me toquen no embigo.
Namorar
jueves, 27 de enero de 2011
Troulas axiais
Et voilà, xa temos o boleto de entrada á Ya-llevo-una-pa'-septiembre's party. E ademáis de custar 7 ouriños, ven de agasallo cun verán ateigado de anatomía do tórax e o abdome. Tanto ten que tivera suspendido por culpa da pirola, que teña que procurar oco entre praia e praia este verán para ollarme o aparello dixestivo, que dereita sexa esquerda, e esquerda dereita, que en troques de lonchas de queixo vexa cortes axiais. O realmente importante, é que hoxe hei ter o meu merecido premio. Unha noite de troula.
miércoles, 26 de enero de 2011
Nota: repasar á base do cráneo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




